Todolos artigos de: cafebarbantia

Pemón Bouzas, historia e novela

O Escritor. As_voces_do_vento_Pemón_BouzasPastor Rodríguez. Nacido en Palmeira, desenvolve a súa obra narrativa en castelán e galego. No ano 2005 publicou unha novela histórica co título El informe Manila, protagonizada pola galega Isabel Barreto, sobre os descubrimentos nos mares do Sur no século XVI. Ese interese pola narrativa histórica vai continuar nas súas seguintes novelas, Luces del Norte (2008) e, xa en versión galega, As voces do vento (2014), que acadou o IX Premio Ciudad de Valladolid, ambientada en Cangas do Morrazo no século XVII, unha novela de claroscuros barrocos, con presenza da Inquisición, a bruxaría e as invasións turcas. Novela de estrutura diáfana, moi ben documentada, de estido áxil. Seguir lendo Pemón Bouzas, historia e novela →

Andoriñas

FLSwallowMobile24__99356.1369083949.451.416Xosé Manuel Lobato. Ausencias con pe-gada, reliquias que seguen na mente e non deixan de estar presentes, malia a súa desa-parición. Turvisco ou matagaliñas, érbedo dos licores, xilbarbeira, estriperio… Todas elas unha dádiva na realidade dos nosos an-tepasados e, hoxe no maxín dun que outro soñador fantasioso ou incansable explora-dor, na procura de escasas e raras xoias esmorecidas coma as furtivas esmeraldas dese colar formado polas diminutas gotas de orballo que no amencer se entrega con sixilo nos acaparadores raios solares. Seguir lendo Andoriñas →

Por que S. Hawking se molestou en existir?

noticia-es-posible-viajar-en-el-tiempo-stephen-hawking-tiene-la-respuesta-portadaX. Ricardo Losada. É a pregunta que a todos os seres humanos nos gustaría saber contestar: Por que o universo se tomou a molestia de existir? Stephen Hawking respondía así: “A creación espontánea é a razón de que haxa algo en vez de nada, de que o Cosmos exista. A lei da gravidade explica que o cosmos poida crearse a si mesmo”. Pero é unha resposta que suscita moitas preguntas. Seguir lendo Por que S. Hawking se molestou en existir? →