Pemón Bouzas, historia e novela

O Escritor. As_voces_do_vento_Pemón_BouzasPastor Rodríguez. Nacido en Palmeira, desenvolve a súa obra narrativa en castelán e galego. No ano 2005 publicou unha novela histórica co título El informe Manila, protagonizada pola galega Isabel Barreto, sobre os descubrimentos nos mares do Sur no século XVI. Ese interese pola narrativa histórica vai continuar nas súas seguintes novelas, Luces del Norte (2008) e, xa en versión galega, As voces do vento (2014), que acadou o IX Premio Ciudad de Valladolid, ambientada en Cangas do Morrazo no século XVII, unha novela de claroscuros barrocos, con presenza da Inquisición, a bruxaría e as invasións turcas. Novela de estrutura diáfana, moi ben documentada, de estido áxil.

Pemón Bouzas é tamén autor, en galego, dunha novela infanto-xuvenil, A estrela de Oriente (2012), que recrea o mito dos magos ou reis de Oriente a través da historia de Acid, un rapaz que recollen os magos cando van camiño de Belén e na que Omago Apelio vai reunirse con Amelio e Malgalath, o druída das nacións celtas. Narración áxil, breve, de ritmo moi axeitado para as idades ás que vai dirixida e que consegue re-contar un mito dun xeito moi persoal, axudado polas acaídas ilustracións de Marcos Calo.

Pero a carreira literaria de Pemón Bouzas comezou no ano 2000 co volume Mitos, ritos y leyendas de Galicia. La magia del legado celta, en colaboración con Xosé A. Domelo. Este xornalista nado en 1957 publicará logo outro libro semellante co título 100 cosas que hacer en Galicia al menos una vez en la vida, editado no ano 2010.

Esta entrada foi publicada en Ensaio, Narrativa, Pastor Rodríguez. Garda a ligazón permanente.

Unha resposta a Pemón Bouzas, historia e novela

  1. Magdalena di:

    Ya ves, querido Pastor, que también Palmeira tiene un gen especial. El sábado, en la cena que cada año se hace en ayuda para la lucha contra el cáncer, fueron galardonados tres palmeiranes; los tres son oncólogos.
    Creo que ya no tengo motivos para envidiar a Rianxo.
    Besiños palmeirans.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>