Pilar Sampedro. Jorge Agra é fillo da chamada arte pop ou popular, daquela que nace dun mundo pragado de marcas nos produtos, en vallas e carteis, na publicidade e na propaganda, nos mass media e o deseño, nos ídolos mediáticos, na moda; en fin, nese entramado que forma a sociedade de consumo. Unha iconografía recoñecida por todos e todas nós que nos leva aos sesenta cando se comezou a traballar e nos trae ata a actualidade. Unha arte que ten, entre nós, as fontes no Equipo Crónica e, a nivel internacional, en artistas como Andy Warhol e os seus personaxes famosos que equiparaba a latas de sopa ou as derivacións do cómic de Lichtenstein. Seguir lendo Exposicións no Barbanza, Jorge Agra, herdeiro do pop art
Todolos artigos de: cafebarbantia
Ngor
Xerardo AgraFoxo. Antes de baixar á praia sentei con dúas mulleres nun banco de cemento. Eran dúas persoas cunha ollada sinxela e humilde, nada receosas. Malia as súas idades, Nyoba tiña trinta e tres anos, e Yajuba vinte e nove, semellaban vencidas por unha vida que non lles sorría. Estaban varadas na praza, agardando por un autobús. Entre as dúas gañaban ao redor de catro euros. Seguir lendo Ngor
Ser ou non ser
Fidel Vidal.“¿Sabes o que se preguntan as pantasmas cando se atopan? Pregúntanse: ¿cómo podemos ó mesmo tempo ser e non ser?” (Don Hamlet, Álvaro Cunqueiro). A pregunta polo ser leva implícita a cuestión do non ser. O ser como devir non pode ser outro que un ser-non-de-todo, dun case-ser, dunha forma de ser, dun ser para-si sartreano. Que pasaría se no famoso cadro da pipa de Magritte en lugar de “Isto non é unha pipa” escribira “Isto é unha pipa”? Cal sería a verdade? En calquera das dúas cuestións, en efecto, Isto non é unha pipa, é un Isto; mesmo tampouco sería o debuxo presente da pipa, ao se tratar dun debuxo. Se dicirmos Isto é unha pipa, poderíamos apoialo desde a fórmula matemática, Isto = pipa, do mesmo xeito que A = 2. Seguir lendo Ser ou non ser
Tres cancións e un algoritmo
X. Ricardo Losada. Acabo de facelo. Escoitei as tres cancións que un estudo psicolóxico da universidade de Groninga (Holanda) considera que teñen un efecto instantáneo máis positivo no estado de ánimo. Don´t stop me now de Queen, Dancing queen de Abba e Good vibrations de The Beach Boys. Os psicólogos usaron fórmulas matemáticas derivadas de varios factores emocionais e analizaron cancións dos últimos 50 anos. Sinto contrariar o estudo. Nin me levantaron o ánimo nin me emocionaron nin me fixeron mover os pés. Seguir lendo Tres cancións e un algoritmo