Ser ou non ser

1454969775_566789_1454970076_noticia_normalFidel Vidal.¿Sabes o que se preguntan as pantasmas cando se atopan? Pregúntanse: ¿cómo podemos ó mesmo tempo ser e non ser?” (Don Hamlet, Álvaro Cunqueiro). A pregunta polo ser leva implícita a cuestión do non ser. O ser como devir non pode ser outro que un ser-non-de-todo, dun case-ser, dunha forma de ser, dun ser para-si sartreano. Que pasaría se no famoso cadro da pipa de Magritte en lugar de “Isto non é unha pipa” escribira “Isto é unha pipa”? Cal sería a verdade? En calquera das dúas cuestións, en efecto, Isto non é unha pipa, é un Isto; mesmo tampouco sería o debuxo presente da pipa, ao se tratar dun debuxo. Se dicirmos Isto é unha pipa, poderíamos apoialo desde a fórmula matemática, Isto = pipa, do mesmo xeito que A = 2. Mais a pregunta de Hamlet está no ser como conciencia: ser ou non ser? A resposta podería integrarse na afirmación: ser e non ser a un tempo. Ser como devir, non sendo, para ser, mesmo durmidos, desde o inconsciente, até o remate final, na esperanza da eternidade nos crentes, no soño da morte.

HAMLET: Ser ou non ser; velaquí o problema! (…) Morrer… durmir! Durmir!… Talvez soñar! Si. Aí está o obstáculo! Porque é forzoso que nos deteña considerar que soños poden sobrevir naquel soño da morte, cando nos libremos do remuíño da vida. (..) Quen querería levar tan duras cargas, xemer, e suar baixo o peso dunha vida afanosa, se non fose polo temor dun algo despois da morte –esa ignorada rexión cuxos confíns non volve traspasar viaxeiro algún-, temor que confunde a nosa vontade e impúlsanos a soportar aqueles males que nos aflixen, antes que lanzármonos a outros que descoñecemos? (Acto Terceiro, Escena I)

ahorcado-acertijo-resolver--644x362Unha “cuestión” pódese orientar desde a controversia, o desacordo, a discusión, a disputa, ou como problema, asunto, tema ou tese. A cuestión do ser. Trátase dunha pregunta ontolóxica, do ser, ou existencial, de ser? Harry Levin describe Hamlet como unha obra obsesionada pola palabra “cuestión”, usada dezasete veces, pondo o foco sobre a “crenza en fantasmas e no código da vinganza”.

Estamos ante a magnífica pregunta polo ser. Magna cuestión por solemne. Ser ou non ser: ser ou ser nada. Ser ou ter. O ser do falo. Se o tes non o es. Se o es, non o tes: es. Velaquí o fillo como expresión do falo materno. Iso que colga, o pene, pode ser un falo, e tense do mesmo xeito, a xeito dunha coroa: como un significante. Don Hamlet, o de Cunqueiro, dáse morte a si mesmo aforcándose. Colgado da soga desde a torre aparece como iso que colga, como unha exhibición do significante (ausente): o falo materno.

2 comentarios en “Ser ou non ser

  1. Moitísimas grazas, miña atenta Magdalena, por tan bondadosas e animosas palabras. Así dá gusto. Desde cativo sempre fun afeccionado ao cine das sabas brancas, se ben prefería o da pantalla grande. Un chisco usada de máis, pero si, teño saba. Ser ou non ser:
    EU, QUE
    Saudiña e segue así.

  2. Problema, asunto, tema. ¿ Ser o no ser?
    Hace pocos días, para mí no lo eras. Estabas, eras, pero eras otro. Ahora, estás y eres tú. Tienes cara y voz. Tienes sábana. Un fantasma sin sábana no tiene forma, no puede tener una actitud comunicativa, en cambio con esa sábana que arrastra, muestra su bilocación. Hace unos días vi los pliegues de esa tela blanca que arrastraba un sonido, una figura, una hermosa dedicatoria en una fantástica obra, un todo.
    ¿ Ser o no ser ? Creo que no precisa ser discutido. La cuestión queda zanjada. Lo eres.
    Felicidades.
    SE ES O NO SE ES.
    Besiños desde Palmeira.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *