Todolos artigos de: cafebarbantia

Onde comeza a cola da serpe?

Manfred Richter
Manfred Richter

Fernando Losada. Como cada día, Eva tomou un almorzo e foi á súa pequena granxa mirar polos seus animais: dous cadelos, unha cabra, un galo, sete galiñas, un macho de pavón, tres coellos e un par de porcos bravos (porque lle gustaba moito a carne de xabaril). Polo camiño, pasaba sempre xunto a unha gran rocha de granito na que xogan moito os seus netos cando van facerlle unha visita.

Seguir lendo Onde comeza a cola da serpe? →

Montes sagrados

castroX. Ricardo Losada. Hai un lugar en Rianxo desde o que podes ver os montes máis importantes do mundo, e cada vez que vou imaxino que os percorro nunha etapa ciclista. A primeira parte, cha, vai polo mar ata Vilagarcía, onde subo ao monte Lobeira. Despois collo a estrada de Padrón e subo ao monte Xiabre en Catoira para, de seguido, cruzar a ponte sobre o río Ulla e subir ao monte Lioira de Asados que, tras un rápido descenso, lévame ao pico Muralla no Araño e, case deseguido, ao Castro Barbudo en Taragoña. Finalmente abordo Iroite e o miradoiro da Curota na Pobra do Caramiñal, onde está a meta desta marabillosa etapa.   Seguir lendo Montes sagrados →

Gambia

6Xerardo AgraFoxo. Despois dun breve percorrido, o noso automóbil detívose bruscamente entre as aldeas de Jenoi e Yelitenda, nunha chaira de arrozais. Conver-témonos nas últimas pezas dunha caravana quilométrica. Todos baixaron apresurados. Eu permanecín extasiado ante o panorama albiscado. No meu reloxo sinalaban as 10 da mañá e a temperatura era morna, mesmo sopraban uns refachos suaves. Seguir lendo Gambia →

Se pedra na brétema, fraxilidade do existir

andel pedraRomán Arén. Ramón Blanco (Outes, 1979) vén de consolidar a traxectoria poética –que iniciara con Orfeu en soños no ano 2005 co premio Eusebio Lorenzo Baleirón de Poesía 2016– con este poemario editado por Chan da Pólvora. Se o título é indicativo do contido e do ton da obra, un resumo das súas tensións principais, o lector sente a tentación de identificar o símbolo pedra coa firmeza, coa afouteza, coa seguridade; a brétema identificámola co impreciso, coa inseguridade, coa tristeza, co pathos, coa fraxilidade do existir. E xusto o campo semántico da brétema e os seus sinónimos (néboa, bruma, nebra) é o que domina a obra, o que dá conta, dun xeito depurado, da nosa febleza, da dificultade de expresar o que somos, tempo que esvara (“Era un froito / agre na boca / a palabra”). Seguir lendo Se pedra na brétema, fraxilidade do existir →