Todolos artigos de: cafebarbantia

Na residencia

depositphotos_446632600-stock-illustration-group-of-senior-friends-playingUxía Casal. Xa me amolou o Paulo con iso de que era rancorosa e infantil. He! Infantil! Todo o que non lle vaia polo rego para el é infantil, non lle cae a palabra da boca. Don Perfecto habería que chamarlle, que nunca mete a pata nin se desquita cando llas fan. He! Si, claro, é moi doado falar cando o asunto non te afecta, e a el nesta leria nada lle vai nin lle vén. Seguir lendo Na residencia →

Valle 2.0

Foto: La Voz de Galicia
Foto: La Voz de Galicia

Marco Bravo. Sempre me chamou a atención o snobismo de certos articulistas ao vernizar situacións cotiás e presentalas como vivencias literarias inalcanzables para o resto de mortais. Pero como teño dezaoito anos e a miña vida está moi lonxe de resultar interesante para un adulto terei que tragar as miñas palabras, porque todos somos un pouco hipócritas cando nos interesa. Seguir lendo Valle 2.0 →

Lola Sanz, en “Luarada”

O cadro está no Lustres Rivas, na colectiva de Galeoska
O cadro está no Lustres Rivas, na colectiva de Galeoska

Antonio Piñeiro. Alguén dixo que para falar de Lola Sanz hai que comezar con poesía. Foi a primeira impresión que me produciu esta súa obra, pendurada coa mostra que o grupo Galeoska está a presentar estes días na sala do Centro Cultural Lustres Rivas, de Ribeira. Seguir lendo Lola Sanz, en “Luarada” →