Todolos artigos de: cafebarbantia

Vangarda ule, de Manuel López Rodríguez

EyT3BvgWEAEOVfeRomán Arén. O noiés Manuel López Rodríguez (1978) gañou o II Premio de Poesía Eduardo Pondal con este breve poemario de vinte e cinco “sagrados”, outorgado por un prestixioso xurado formado por Luciano Rodríguez, Teresa Seara, Miguel A. Mato Fondo, Monteserrat Yoldi e Xulio López Valcárcel. Membro do Colectivo Sacou, fotógrafo, pintor e editor, é autor doutros poemarios como Rompe ou Desde onde non nace e gañador de premios como o López Ardeiro, o Concello de Carral ou o Suso Vaamonde. A unha temática amorosa inicial, non lonxe de certo neorromanticismo (“Voando arredor túa; amándote tanto, penetrando na / porosidade da vestimenta…” Seguir lendo Vangarda ule, de Manuel López Rodríguez →

Dous libros de literatura infantoxuvenil galega nos White Ravens

WhiteRavenPilar Sampedro. Acabamos de saber que dous libros de literatura infantil e xuvenil galega (LIXG) entraron este ano na Lista dos White Ravens (ou Corvos Brancos) da Biblioteca Xuvenil de Munich.

Si, teremos que dicilo unha vez máis. A nosa LIXG, que apenas conta con cen anos de vida, acadou un nivel de calidade que é recoñecido internacionalmente; así o demostra esta mención e outras como a Lista de Honra do IBBY ou o a inclusión en Los Mejores Libros para Niños y Jóvenes del Banco del Libro de Venezuela. Seguir lendo Dous libros de literatura infantoxuvenil galega nos White Ravens →