Xerardo AgraFoxo. Cunha extensión semellante á de Galicia, pero cun millón de habitantes menos, esta gran illa do Mediterráneo veu como chegaban, polos tres mares que a cinguen, pobos de raíces diversas, como os fenicios, romanos, aragoneses e xenoveses. E, finalmente, os que a incorporaron ao Reino de Italia no ano 1861. Seguir lendo Castelsardo, un miradoiro sobre unha chaira azul cobalto
Todolos artigos de: cafebarbantia
Analista da agricultura e da pesca da bisbarra
Pastor Rodríguez. Nado o 24 de outubro de 1954 en Ribeira, José Antonio Pérez Sánchez estudou primeiro Maxisterio e logo cursou a licenciatura en Xeografía e Historia, pasando a traballar na Consellería de Pesca. Produto da súa tese de licenciatura foi o volume Las actividades agropecuarias y pesqueras de la margen derecha de la ría de Arosa Seguir lendo Analista da agricultura e da pesca da bisbarra
Influencer
Marina Losada Vicente. Xa o pequeno prendera en quintas, cando quedou de novo preñada. Nos catro embarazos anteriores, Marcela foi afrouxando roupa, adaptándoa ás novas medidas. Os tempos cambian e, no día da santa patroa, estreou roupa prenatal, seguindo o camiño da filla que a fixera avoa.
Elegante, magnífica -coma sempre-, mais entrada en carnes, pode ser, pensou a veciña cando a viu detrás do palio, co cordón do estandarte da virxe do Carme na man, sen sospeitar que de novo andaba encinta. Seguir lendo Influencer
Barbanza e Gala do libro
Pilar Sampedro. Este ano, a Gala do Libro pasou a chamarse Premio Follas Novas e o nome semella ben acaído: Follas Novas, obras novas, libros publicados no 2020.
Quince modalidades que nunca son suficientes, pero que se van ampliando conforme pasan os anos e se vai vendo a necesidade de diferenciar determinados xéneros, neste caso foron as seguintes: Seguir lendo Barbanza e Gala do libro