Antonio Piñeiro. Souben de Antía Brey con ocasión da súa mostra 5 elementos, na Casa da Cultura da Cachada. Deseguido, o empezo circunstancial co que demos dende primeiros do 2020 puxo unha paréntese que xa se vai facendo longa de máis. Pero volvín saber, hai uns días, no canto dunha conversa sobre a arte e o informalismo, do traballo que está a realizar Seguir lendo Cerna e abstracción
Todolos artigos de: cafebarbantia
Noia, contra Rodrigo de Luna
Xerardo AgraFoxo. O 7 de xuño de 1458 congregouse ante o altar maior do mosteiro compostelán de San Paio de Antealtares unha Irmandade integrada pola nobreza da Terra de Santiago, os representantes do concello desta cidade e os procuradores de Noia e Muros. Seguir lendo Noia, contra Rodrigo de Luna
Verdello e lama
Agustín Agra. Chegada a candeloria, o canto dos tordos bótame aos camiños. Dende o espeso das sebes ou empoleirados dunha percha, o seu reclamo nupcial guía os meus pasos. O anuncio da fin da tempada de invernía marca unha breve paréntese nas visitas á lagoa de Vixán e á praia da Ladeira, ao esteiro do Coroño e ao areal da Torre Seguir lendo Verdello e lama
O Demo
Fidel Vidal. Eu son o demo. Calquera pode ser cualificado de demo, mesmo cariñosamente. O diabo aparece como palabra axeitada para definir sobre todo aqueles nenos afeccionados ás trasnadas ou, pola contra, aqueloutros capaces dunha eficacia inesperada: “Este rapaz éche o demo”. O ‘diabo’, tradución grega do ‘satanás’ hebraico, significa ‘opositor, adversario, inimigo’, e a palabra ‘demonio’, ‘xenio, espírito, intelixencia’. Sócrates presumía de dialogar co seu ‘Daimon’ como se fose o seu anxo da garda. Seguir lendo O Demo