Marina Losada Vicente. Gardabas memoria da lectura da noite anterior, o libro Más allá del inverno, de Isabel Allende, identificándote coa súa protagonista: “A los sesenta y dos años… tenía el cuello arrugado, la piel seca y los brazos flojos, las rodillas le pesaban y se había resignado a ver como se le iba borrando la cintura… Evitaba verse desnuda, porque vestida se sentía mucho mejor… El espejo, como las fotografías, era un enemigo inclemente, porque la mostraban inmóbil, con sus defectos expuestos sin atenuantes”. Seguir lendo Círculos
Todolos artigos de: cafebarbantia
Construción de dornas en Porto do Son
Manuel Mariño del Río. As dornas de calime son unhas embarcacións antigas que se constrúen con cinco táboas anchas en cada costado de xeito que o bordo da superior ía montada sobre a inferior. A táboa que vai por riba da liña de flotación recibe o nome de táboa de cubrir. Seguir lendo Construción de dornas en Porto do Son
Daniel López Rodríguez, narrador e xornalista
Pastor Rodríguez. Figura moi esquecida entre nós é a do xornalista e narrador Daniel López Rodríguez, nado en Noia o 20 de outubro de 1884. Especialista en facenda, chegou a ser Director Xeral do Timbre. Colaborador da prensa madrileña, empregou o pseudónimo Fantasio, pero foi tamén novelista co pseudónimo López Orense, co que publicou as novelas El placer de amar (Madrid, 1909) e El camino de la dicha, editada por Renacimiento en Madrid no ano 1912. Da primeira destas novelas fixo unha adaptación para o teatro, en colaboración con Linares Becerra, que se estrenou co título El buen amor. Sabemos tamén que á súa morte deixou algunhas obras inéditas, como a novela Vida de Juan Roberto. Seguir lendo Daniel López Rodríguez, narrador e xornalista
Conversas de escaparate. Vellos
Fidel Vidal. -Non teño visto manequíns de vellos.
-Nin de vellas. Sobre todo de vellas, que resisten máis. Houbo un tempo que as viúvas formaron asociacións moi activas.
-E os homes asociacións de viúvos?
-Non hai novas de que houbese ningunha.
-Pero o que me estraña é a falta de manequíns nos escaparates. Seguir lendo Conversas de escaparate. Vellos