Daniel López Rodríguez, narrador e xornalista

O Escritor. El_camino_de_la_dicha. jpgPastor Rodríguez. Figura moi esquecida entre nós é a do xornalista e narrador Daniel López Rodríguez, nado en Noia o 20 de outubro de 1884. Especialista en facenda, chegou a ser Director Xeral do Timbre. Colaborador da prensa madrileña, empregou o pseudónimo Fantasio, pero foi tamén novelista co pseudónimo López Orense, co que publicou as novelas El placer de amar (Madrid, 1909) e El camino de la dicha, editada por Renacimiento en Madrid no ano 1912. Da primeira destas novelas fixo unha adaptación para o teatro, en colaboración con Linares Becerra, que se estrenou co título El buen amor. Sabemos tamén que á súa morte deixou algunhas obras inéditas, como a novela Vida de Juan Roberto. Agrelo Hermo e Hermida Iglesias anotan en Efemérides noyesas (1971) que nacera en 1859 e que foi elixido senador en 1923, mais que xa non tomou posesión por mor da ditatura de Miguel Primo de Rivera. Exerceu tamén a crítica literaria no Diario Universal de Madrid, onde recensionou as obras de Valle-Inclán Aromas de leyenda (1907) e Romance de lobos (1908), editando ademais “Conversaciones literarias: las ideas políticas del señor Valle-Inclán” (01-01-1908). Entre os críticos literarios só se ocupou da súa obra, que saibamos, Sainz de Robles en Raros y olvidados (1971).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *