X. Ricardo Losada. Un Angeliño estelar marca un gol, lanza al Leipzig y elimina al Manchester United de la Champions. Cando lin o titular, a pesar da cantidade de palabras cheas de forza histórica, fonética ou económica, e a pesar de que pouco afectaba á información, o único que me chamou a atención foi o diminutivo iño. Seguir lendo Angeliño
Todolos artigos de: cafebarbantia
O inesquecíbel son de Grândola Vila Morena
Gonzalo Trasbach. Voaban fíos de herba na primavera acabada de estrear. Entre os libros da biblioteca e os discos do estudo sosegadas ían pasando as horas dun día luminoso e esperanzador. Cando a tarde ía declinando, os barcos navegaban sobre as calmosas augas do esteiro, que abría a súa ampla boca cara ao Océano Atlántico. Seguir lendo O inesquecíbel son de Grândola Vila Morena
O imperio dos sentidos
Fidel Vidal. A historia comeza onde remata. Unha moza, Sada, leva catro días deambulando como unha somnámbula polas rúas de Tokio portando nas mans un trofeo. Trátase de certas partes anatómicas de Kichi, assúas partes, para entendernos. Cando a detiveron comentouse que amosaba no rostro unha gran felicidade. A escena aseméllase á dun toureiro que acaba de rematar unha faena maxistral. Morto o animal é premiado coas dúas orellas e o rabo. O rabo, o maior galardón que pode acadar un matador de touros. De aí o primeiro título da película: A corrida. Seguir lendo O imperio dos sentidos
Hamnet, de Maggie O’Farrell
Xerardo AgraFoxo. A tradición literaria afirma que Hamlet, a máis influente obra de Shakespeare, polo retrato que realiza do odio, a ambición e a corrupción, está baseada na historia dun príncipe que viviu durante o medievo en Helsingor, pero Stephen Greenblatt, o gran estudoso do bardo de Stratford, di que esta traxedia está relacionada coa morte de Hamnet, o único fillo varón do dramaturgo morto por unha pandemia. A esta tese acóllese Maggie O´Farrell, tal como di na primeira páxina desta novela: Na década de 1580. Unha parella que vivía en Henley Street (Stratfort) tivo tres fillos: Susana e Hamnet e Judith, que eran xemelgos. Hamnet, o neno, morreu en 1596 aos once anos. Catro anos máis tarde seu pai escribiu unha obra de teatro titulada Hamlet. Seguir lendo Hamnet, de Maggie O’Farrell