O imperio dos sentidos

41pVCfoKRVL._AC_Fidel Vidal. A historia comeza onde remata. Unha moza, Sada, leva catro días deambulando como unha somnámbula polas rúas de Tokio portando nas mans un trofeo. Trátase de certas partes anatómicas de Kichi, assúas partes, para entendernos. Cando a detiveron comentouse que amosaba no rostro unha gran felicidade. A escena aseméllase á dun toureiro que acaba de rematar unha faena maxistral. Morto o animal é premiado coas dúas orellas e o rabo. O rabo, o maior galardón que pode acadar un matador de touros. De aí o primeiro título da película: A corrida. Un título sen futuro que mudou, recordando a obra de Adorno O imperio dos signos, nestoutro polo que a coñecemos: O imperio dos sentidos. O título do fermoso e recomendable libro de Theodor W. Adorno vén ao caso porque do que trata é de signos. Vamos “tratar” con e de signos, tanto no senso de tratamento -ti ou vostede, boas ou malas formas-, como de terapia. Relacionarémonos con signos e significantes, particularmente cun dos significantes por excelencia: o falo. Que outra cousa é senón un trofeo? Algo que pasa dunhas mans a outras, e significa unha cousa ben distinta a el propio: un símbolo. “Cando cho corte gardareino no meu sexo e será só para min” (Sada).

A película de Nagisa Oshima de 1976, con sona de pornográfica (un home e unha espidos fan o amor nun cuarto de múltiples formas e cantas veces consideren), estivo prohibida en varios países, mesmo no Xapón, onde non se proxectou até o ano 2001. Partindo dunha lectura freudiana, podemos afirmar que o filme é a narración dunha paixón sexual sen prexuízos, unha paixón que pon en evidencia a loita de dúas pulsións fundamentais: unnamedEros e Tanatos. O pracer e o goce no límite da éxtase, quer dicir, na linde da perda do sentido, do tránsito ou, como dirían os franceses, da petite morte. No mesmo gume e despois da morte, coa participación (fantástica) do (suposto) desexo cumprido. “O meu pracer radica en che dar pracer a ti e obedecer en todos os teus desexos” (Kichi).

Malia o sada/o/masoquismo (en paralelo coa perversión polimorfa primaria), estamos ante unha función tolerada, apropiada incluso para un horario infantil. Unha función inocente. Un xogo gozoso -celos incluídos que provocan comportamentos pouco saudables para algúns-, onde os espidos non teñen nada que ocultar. E non practican ningún tipo de destape (tapar e destapar do cine erótico) nin de xenitais explícitos en acción (da pornografía). Aparecen tal como Deus os trouxo ao mundo, imperiais (imperare, mandar; o prefixo im, indica penetración e o verbo parare, ordenar, preparar), ela e el sen interferencias, soberanos: a primeira parella no paraíso real. Sen leis nin proclamas prohibindo o gozo. En coiros, como naceron, inocentes (in-nocere, sen danar), sen necesidade de exhibicións.

Asistimos a experiencias gozosas de posesión aceptadas e compartidas até o triunfo final. Un troco xusto, equilibrado e xeneroso por ambas partes: a morte por amor(te). Mais non chega con iso, con executar o home en pleno éxtase. Velaí o éxito de Sada conseguindo o premio desexado. Non abonda coa morte de Kichi. É preciso, di Lacan, que vaia máis lonxe: “Despois –por que despois?, aí está a dúbida-, [Sada] que é unhamuller de iniciativas –vén ao caso dicilo- ao seu partenaire córtalle o rabo –así é como se chama-” (J. Lacan, El Sinthome, 2007).

3 comentarios en “O imperio dos sentidos

  1. Sempre me fas rir, querido Fidel:

    Eu non son Edipo para acertar ese enigma, pero estou segura de que esas variacións corporais, na outra vida, nin os que se vaian no amencer, andarán a catro patas, nin os do serán a duas, nin os da noite a tres. Deus, é un director xenial. Cecil B. De Mille disque lle pideu consello a Él, cando quixo dirixir “Los diez mandamientos” e en sonos disque lle contou como tiña que facer.
    Sempre lle quedou agradecido.
    Pero sen dúbida esa “trama de enredos” sería digna de Jardiel Poncela.

    Encantóume o de” Cast(ron)s, biquiños”. Seique te acordastes do meu apelido. Pero xa sabes tamén o que é un castrón.

    Moitos castos biquiños dende Palmeira.

  2. Póis o pobre Kichi, a ver como vai facer o día do Xuizo Final, porque según dicían os curas, había que enterrar todalas partes perdidas no cemiterio, para que ese día se poida levantar enteiro.

    Sada, (xa tiña un bo nome) era das que pensaba “Ou para min, ou para ninguén”
    Hai amores que matan.

    Moitos castos biquiños, querido Fidel.

    ABAJO ME MOJABA el bArqUIllErO.

    1. No Xuízo Final, atenta Magdalena, mesmo as santas queimadas por bruxas regresarán das cinzas e do fume para seren como antes. O peor vai estar nos pais que morreron novos e os fillos vellos. Vaise montar un desconcerto digno de ser gravado. Por aí si que se vai formar unha lea difícil mesmo para o Deus infinitamente bo, sabio e poderoso, todopoderoso e sabelotodo. Como vai amañar as confusións entre parentes e mozos que deixaron este mundo a idades ben diferentes e mesmo renovando compañeiro(a) de cama. Marabillosa trama para un cómico filme de enredos.

      Moitos cast(rón)s biquiños.

      A NOCA DA CONA do bArqUEIrO

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *