Todolos artigos de: cafebarbantia

Feria, de Ana Iris Simón

9788412226720Gonzalo Trasbach. En Feria, a súa primeira obra, unha novela-autobiográfica, Ana Iris Simón (Campo de Criptana, Cidade Real, 29 anos), rende homenaxe ao sentimento comunitario dos seus avós e pais, feirantes e campesiños, fronte ao individualismo nihilista e ao escapismo triunfantes entre nós, ou mellor dito, na sociedade actual. Esta moza xornalista, tras pasar polas revistas “Telva” e “Vice”, ingresará nas listaxes do paro o vindeiro mes de xuño, cando rematará o seu contrato como guionista en “Playz” de RTVE. Para entón espera dar a luz ao seu ou súa fillo/a, polo cal decidiu abandonar Madrid e regresar á vila dos seu familiares. Neste seu debut como escritora, a manchega tributa honores a toda a súa liñaxe, á vez que desmonta o mito dos “millenials” da clase media nacional. Seguir lendo Feria, de Ana Iris Simón →

Virus rampante, café andante

401d67051433c05e8387039e6a7a2cd8Emilio Castro. Esta infinda pandemia que nos vai comendo a vida de maneiras moi diversas e sofisticadas tamén nos vai ensinando a capacidade e tenacidade humana para superala e transformala.  ” El tiempo que tenemos no es corto; pero perdiendo mucho de él, hacemos que lo sea, y la vida es suficientemente larga para ejecutar en ella cosas grandes, si la empleáremos bien”.  Con este sabio consello que lle dá Séneca a Paulino[1] habemos de enfrontar o tempo que nos toca vivir e esquecer que de nada serve queixarnos e enredarnos na calidade e composición das máscaras, na bondade ou nos perigos das vacinas Seguir lendo Virus rampante, café andante →

El hombre de Calcuta, de Abir Mukherjee

41yO8XgrPfL._SX342_SY445_QL70_ML2_Xerardo AgraFoxo. Para os que desexen escribir unha novela negra, esta semella un modelo narrativo: unha época conflitiva (o Raj, o período colonial inglés na India); un pano de fondo atraente (os arrabaldes da asfixiante cidade de Calcuta); un sarxento de policía (Sam Wyndham) que arrastra sobre as súas costas un pasado amargo; unha comisaría con policías de identidades contrapostas (os nativos e os colonos) e o asasinato dun alto funcionario británico no barrio máis escuro da cidade, onde a miseria convive coas casas de citas e os locais de opio. El Hombre de Calcuta (2021) recrea tamén o ambiente desta metrópole bengalí, onde a calor húmida se mestura cos misterios e as incertezas daquela época, cando os movementos nacionalistas, que logo lideraría un tal Gandhi Seguir lendo El hombre de Calcuta, de Abir Mukherjee →

Días sen fame, de Delphine De Vigan

Maquetaci—n 1Fidel Vidal. Publicada baixo o pseudónimo de Lou Delvig, Días sen fame (Anagrama, 2001) é a primeira novela de Delphine De Vigan. Nela relata, nunha sorte de confesión catártica, a loita que mantén contra si mesma, contra o seu corpo, contra a imaxe imposible. Trátase dunha obra autobiográfica, a crúa historia dunha rapaza que sufre de anorexia. “Todo sucedeu paulatinamente. Até chegar a iso”. “Até que o frío invadiu o seu corpo, inimaxinable. Un frío que lle anunciaba o final e que tiña que elixir entre vivir ou morrer”. Contada en terceira e en primeira persoa, unhas veces ela e outras Laure. “A delgadeza como un grito”. “Un saco de ósos nunha cama de hospital, iso é o que é. Nin máis nin menos”. A ganancia en peso, en gramos, implica intensos esforzos e moita disciplina. Seguir lendo Días sen fame, de Delphine De Vigan →