Todolos artigos de: cafebarbantia

Acción reacción

vieja-abuelita-de-la-historieta-con-mascarilla-contaminación-101741862Marina Losada Vicente. Non tiña bastante coa máscara, que agora leva gafas que se escurecen á mínima presencia de luz, polo que ten que sacalas na sombra. Non é pouca cousa, nunha muller de oitenta anos que baixa á vila, mañá e tarde, a facer compra ou a sentar nun banco da ribeira, cun tempo medio de vinte minutos viaxe, dependendo do que atope no camiño, que tanto fala con cabalos, burras ou cans como coa veciñanza, e que non entende de levar a máscara posta onde non hai xente. Seguir lendo Acción reacción →

Trinta anos sen Radio Futura (La ley del desierto, el agua)

radGonzalo Trasbach. Foi na primavera de 1991 cando o grupo que lideraban os irmáns Santiago e Luis Auserón (Zaragoza) decidiron baixar a persiana dunha traxectoria exitosa, apagar unha chama que se mantivo ardendo durante algo máis dunha década. Naceu Radio Futura á sombra da nova onda dos anos oitenta, pero co devir dos anos a banda foi evolucionando cara a un pop mestizo Seguir lendo Trinta anos sen Radio Futura (La ley del desierto, el agua) →

Galicia e os galegos na poesía castelá CXLV. Un socialista: Luis Araquistáin

araquistainRomán Arén. Luis Araquistáin e Quevedo foi una figura moi importante na política española de preguerra e da Segunda República, non tanto polos seus cargos políticos (deputado, embaixador en Berlín) como polo seu liderado da esquerda socialista e referente do pensamento progresista español, que exerceu como director de publicacións como <España> (1916) e, sobre todo, <Leviatán> (1934-1936) e <Claridad> (1935). M. Bizcanondo estudou o papel de Araquistáin no pensamento da esquerda española nun libro de 1975. Pero Araquistáin, nacido en Bárcena de Pie de Concha en 1886 e membro da Xeración do 14 Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CXLV. Un socialista: Luis Araquistáin →