X. Ricardo Losada. No seu libro Aproximacións a Manoel Antonio, Axeitos critica unha das principais teses da miña biografía do poeta rianxeiro, afirmando que non intuía no mundo unha dimensión escura e enigmática. A verdade, non me sorprendeu lelo neste libro, pois fora unha das maiores decepcións que me deparara a biografía de Axeitos. Negar esa realidade e convertelo nun ser humano e nun poeta só preocupado por cuestións sociais e políticas. “Ocorre”, di Axeitos, “que o social e a presenza do pobo na obra de Manuel Antonio é unha poética, non unha estética”(sic). Probas? Seguir lendo Aproximacións a Manoel Antonio (e V)
Arquivo da categoría: Poesía
Pazos
Xosé Manuel Lobato. O fuxidío Edén, ese lugar sublime que todos procuramos con anhelo na nosa constante romaría da vida. Porén, o idílico enclave está tan afastado que en moi raras ocasións o ser humano consegue atopalo ou identificalo. Malia todo, o certo, é que ese Edén semella errante no seu tránsito, deixando un misterioso arrecendo no ar da súa especial e inalcanzable esencia. Seguir lendo Pazos
Caracois de Belvís, de Lupe Gómez
Fidel Vidal. Os poemas que compoñen Caracois de Belvís, de Lupe Gómez, merecedores do II premio SELIC de Santiago de Compostela no 2019, “foron escritos como oracións espirituais ou cantares de amor”. Así o expresa a propia autora nun paseo pola serenidade da pedra magoada, en Belvís, desde onde a vista acolle unha Compostela que nos envolve. Un texto que xa forma parte do mapa poético da cidade. Cos ollos abertos dunha vaca, ou dunha becerra, abraiados por tanta fermosura do cotián, é como nos guía Lupe Gómez de ganchete a través das súas sorprendentes metáforas, no gume, a piques de romper o silencio de claustro Seguir lendo Caracois de Belvís, de Lupe Gómez
Federico García Lorca en Santiago de Compostela, de Henrique Alvarellos
Pilar Sampedro. Henrique Alvarellos é un deses cidadáns indispensables. Na solapa deste libro preséntasecomo escritor, editor e promotor cultural. Todo é certo: este libro está escrito e publicado por el baixo o selo familiar Alvarellos, unha empresa que creara o pai no Lugo de 1977 e que agora dirixe el en Compostela. Promotor cultural tamén, porque parte da súa obra está dirixida á recuperación de feitos e lugares que pon en valor, basta con mirar Santiago, 1909 (a crónica da Exposición Rexional Galega), Os últimos carballos do Banquete de Conxo e Balada ceibe no bosque de Conxo, que xiran arredor do bosque onde se celebrou o célebre banquete e que hoxe está recuperado grazas ao empeño deste activista. Seguir lendo Federico García Lorca en Santiago de Compostela, de Henrique Alvarellos