Arquivo da categoría: Poesía

Galicia e os galegos na poesía castelá CXLI. O cancioneiro de Palacio.

cancioneroRomán Arén. É ben sabida a importancia que ten o Cancioneiro de Palacio na poesía galega, pois ofrece os derradeiros ecos da nosa poesía trobadoresca, e del participaron, manipulando, máis ou menos a súa lingua, Sanz e Álvarez Blázquez para reproducir, cando menos, catorce cantigas que son galegas (de Macías, García de Pedraza, Pedro de Portugal, García de Medina, Pedro de Santa Fe, Antón de Montoro, mendo de Campo, Suero de Ribeira e algúns textos anónimos de raíz popular. Compilado entre 1500 e 1520, é co Cancioneiro de Baena, testemuño fundamental do período final (salvado o no achado de Henrique Monteagudo) da nosa lírica medieval. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CXLI. O cancioneiro de Palacio.

Douglas DUNN, Poemas escollidos

o aNDEL. Poemas_Escollidos_Douglas_Dunn. ImaxeRomán Arén. Mª Dolores Armental, natural de Boiro, filóloga e profesora, pon nas nosas mans a tradución galega dunha escolma do poeta Douglas Dunn (Escocia, 1942) nunha fermosa edición bilingüe, produto da colaboración entre a Dirección Xeral de Política Lingüística, a editorial HDF e a A. C. Barbantia. A escolma abrangue a produción poética de Dunn, de 1969 a 2017, e leva un interesante limiar da tradutora que define a poética do autor como un percorrido por dous mundos: “por unha banda observa a sociedade que o rodea, familiar e cotiá, as inxustizas e humillacións da historia… e, pola outra  exhibe un extraordinario mundo da imaxinación…”. Seguir lendo Douglas DUNN, Poemas escollidos

Os fillos somos cicatrices

O Andel. Lumes_Ismael_Ramos. AbrilRomán Arén. Ismael Ramos naceu en A Picota (Mazaricos) en 1994, pero pasou parte da infancia e adolescencia en Noia. No ano 2013 gañou o Premio Francisco Añón con Hábitat / Interferencias e no ano 2015 acadou o Premio Johán Carballeira de Poesía con Os fillos da fame (Xerais, 2015). Xa no ano 2017 saíu do prelo Lumes, un poemario de forte narratividade, que invade ás veces os bordos do aforismo:  “Deus deunos as mans para pedir esmola e amasar o pan. / Unha boca grande chea de fame distinta do bado exacto do paxaro”, e outras as do microrrelato de raíz surrealista, entre boas imaxes que van da “alta cultura” Seguir lendo Os fillos somos cicatrices

Galicia e os galegos na poesía castelá CXL. Outro colombiano: Donaldo Bossa Herazo

donaldo_bossaRomán Arén. Se nos falan da literatura colombiana, a gran maioría pensamos en Gabriel García Márquez e logo en Álvaro Mutis e xa, facendo un esforzo, nun clásico do século XIX, José Asunción Silva e, quizais, en José E. Rivera. Pero Colombia é terra de bos poetas: León de Greiff, Eduardo Carranza, por poñer dous exemplos importantes.

Non é un poeta de primeira fila Donaldo Bossa Herazo, nacido en 1904 en Santiago de Tolú (Sucre), pero que residiu en Cartagena de Indias, cidade que foi a súa especialidade como historiador e que o levou á Academia de Historia de Colombia. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CXL. Outro colombiano: Donaldo Bossa Herazo