Arquivo da categoría: Poesía

Galicia e os galegos na poesía castelá CXXXIX. Álvaro Mutis

_O0D6752Román Arén.O colombiano Álvaro Mutis Jaramillo naceu en Bogotá en 1923 e comezou a súa andaina como poeta vencellado á revista <Mito>, para publicar o seu primeiro poemario, La balanza, en 1947, ao que seguiría Los elementos del desastre en 1953, onde aparece xa o personaxe que o fixo famoso, Maqroll el Gaviero. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CXXXIX. Álvaro Mutis

Galicia e os galegos na poesía castelá CXXVIII. Manuel González Prada

gonzales_pradaRomán Arén. Aproveitando o coronavirus e que o río Pedras pasa pola Pobra do Caramiñal, noto na miña biblioteca que esquecera a Manuel González Posada, figura moi importante na literatura do Perú de fins do XIX e comezos do século XX. Foi un anovador da métrica e a estrofa peruanas (rondel, balada, triolet) pero que soubo tamén empregar de xeito coloquial as letrillas. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CXXVIII. Manuel González Prada

Galicia e os galegos na poesía castelá CXXXVII. Torres Villarroel

descarga (1)Román Arén. Figura importante da literatura española, Diego Torres Villarroel, nacido en Salamanca en 1696, é hoxe moi estudado como prosista, sobre todo polos Sueños morales y visitas de don Francisco de Quevedo e pola súa autobiografía publicada en 1743 e varias veces reeditada no seu século. Pero foi tamén dramaturgo e poeta xocoso e satírico, recollendo os seus poemas en Ocios políticos en poesías de varios metros. Non faltan as alusións a Santiago e ao Camiño Xacobeo na obra do Gran Piscator de Salamanca, e así un dos textos seus é o “Viaje a Santiago”: Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CXXXVII. Torres Villarroel

En memoria de Xosé Luís Franco Grande

Foto: La Voz de Galicia

X. Ricardo Losada. A primeira vez que vin en persoa a Xosé Luís Franco Grande baixaba dun vello Mercedes verde. Eu estaba nunha cafetería da praza de Castelao en Rianxo e el acababa de aparcar. Mentres o vía acercarse á terraza onde eu estaba, pensei que lle gustaba pasar desapercibido, mesmo, algo que confirmei despois, que o dominaba unha moi grande timidez. Seguir lendo En memoria de Xosé Luís Franco Grande