Galicia e os galegos na poesía castelá CXXXVII. Torres Villarroel

descarga (1)Román Arén. Figura importante da literatura española, Diego Torres Villarroel, nacido en Salamanca en 1696, é hoxe moi estudado como prosista, sobre todo polos Sueños morales y visitas de don Francisco de Quevedo e pola súa autobiografía publicada en 1743 e varias veces reeditada no seu século. Pero foi tamén dramaturgo e poeta xocoso e satírico, recollendo os seus poemas en Ocios políticos en poesías de varios metros. Non faltan as alusións a Santiago e ao Camiño Xacobeo na obra do Gran Piscator de Salamanca, e así un dos textos seus é o “Viaje a Santiago”:

Voto a Dios hice, y a toda/su Celestial Corte Santa/de ir al Patrón de Galicia/a correr las caravanas…

Ou outro romance:

… a caminar empecé/y no por la Vía Láctea/sino por donde juzgué/que algún camino llevaba…

Tamén nos seus sainetes, que manexo pola selección que fixo José Hesse para Tauros en 1969, no titulado Fin de fiesta o baile francés hay unha alusión xososa aos peregrinos franceses, pretende imitar a súa linguaxe:

A España caminamo,/tuti, tuti franchó,/hacer la romerí/por el Santo Jacó.

Un comentario en “Galicia e os galegos na poesía castelá CXXXVII. Torres Villarroel

  1. ¡ Qué pronto he nacido, como me gustaría ser tu alumna, Suso !
    Como hoy vas por caminos de peregrinación, voy a contarte algo que leí y me sorprendió sobre el nombre de nuestro Apóstol: “Muchos eran los nombres derivados de aquella forma hebrea que había dado lugar al actual Xacobe.
    Había pasado por el “Santiago”, “Iacobus” “Jacob” “Jaime” ( en Cataluña los Jaimes son Santiagos ) “Jacques” “Ya’ akov” y también había evolucionado en otra forma castellana – que fue la que me sorprendió – “Diego”.
    Encantada de leerte siempre. Un abrazo desde Palmeira.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>