Arquivo da categoría: Poesía

Galicia e os galegos na poesía castelá LXXXIX. Serrano Plaja

2Román Arén. Arturo Serrano Plaja (1909-1979) foi poeta, narrador e ensaísta. Home de esquerdas, militou no PCE e publicou dous poemarios antes da guerra civil: Sombra indecisa (1934) e Destierro infinito (1936). Colaborador das Misións Pedagóxicas, exerceu o xornalismo, e foi un dos fundadores da “Alianza de Intelectuales Antifascistas para la Defensa de la República”, colaborou en <Hora de España> e combateu na fronte de guerra; en 1938 editou un poemario social, El hombre y el trabajo. Tras a derrota, o exilio; Francia, Chile, Arxentina, Francia outra vez e, dende 1948, Estados Unidos. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá LXXXIX. Serrano Plaja

Galicia e os galegos na poesía castelá. LXXXVIII. O conde de Foxá

poesiaRomán Arén. Ignoro cal foi a relación de Agustín de Foxá (1903-1959) con Galicia. Foi un dos máis destacados intelectuais que apoiou a Franco, famoso por ser o autor da mellor novela da guerra civil escrita dende o bando fascista, Madid de corte a cheka (1938), pero tamén dramaturgo con Baile en capitanía (1944) ou Cui-Ping-Sing (1940), bo xornalista, autor dos contos de Misión en Bucarest, viaxeiro que contou as súas experiencias en Por la otra orilla. E poeta, autor de La niña del caracol (1933), entre o modernismo e a vangarda, El toro, la muerte y el agua (1936), El almendro y la espada (1940), poesía bélica, e El gallo y la muerte (1948). Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá. LXXXVIII. O conde de Foxá

Galicia e os galegos na poesía castelá LXXXVII. Larra

larraRomán Arén. Recolle Alonso Montero unha frase terrible de Larra que di que o galego “es un animal muy parecido al hombre para alivio del asno”. Tomouna de A. Mosquera, que a reproduciu en <La Ilustración Gallega y Asturiana> no artigo “Los gallegos en Madrid”, de 1879. Para nós Larra é, sobre todo, o autor de artigos de costumes; foi tamén dramaturgo e novelista e recolleu a lenda do poeta galego Macías en El doncel del Enrique el Doliente e no drama Macías, pero a acción non ocorre en Galicia e o noso país é, pouco menos, que unha referencia abstracta. Pero Larra, tan duro cos galegos, foi tamén poeta (pouco) e gozou da protección dun galego, moi poderoso no Madrid fernandino, Manuel Fernández Varela, Comisario da Cruzada, Bula e Excusado, moi vencellado á Pobra do Caramiñal. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá LXXXVII. Larra

Acordes vogando no ar

estrada (2)Xosé Manuel Lobato. Coñecer, transmitir e amar, tres verbas nun remuíño centrípeto en magnánima inspiración, que se mecen harmoniosas no vizoso berce poético de Xosé Luna. Un barrelo que navega na ondada oceánica, abalando e devalando acada a nosa terriña  para bambear, mentres maxina ás para dende o aire compartir. Desexando acougar preto da Lúa e, ollar o firmamento na procura dun ronsel de amoríos.

Soñado pentagrama poético impregnado de profunda e intensa admiración pola vida e a nai natura, suxestivas composicións para ser musicadas e interpretadas baixo o coruscar de fuxidíos luceiros do amencer. Seguir lendo Acordes vogando no ar