Galicia e os galegos na poesía castelá LXXXVII. Larra

larraRomán Arén. Recolle Alonso Montero unha frase terrible de Larra que di que o galego “es un animal muy parecido al hombre para alivio del asno”. Tomouna de A. Mosquera, que a reproduciu en <La Ilustración Gallega y Asturiana> no artigo “Los gallegos en Madrid”, de 1879. Para nós Larra é, sobre todo, o autor de artigos de costumes; foi tamén dramaturgo e novelista e recolleu a lenda do poeta galego Macías en El doncel del Enrique el Doliente e no drama Macías, pero a acción non ocorre en Galicia e o noso país é, pouco menos, que unha referencia abstracta. Pero Larra, tan duro cos galegos, foi tamén poeta (pouco) e gozou da protección dun galego, moi poderoso no Madrid fernandino, Manuel Fernández Varela, Comisario da Cruzada, Bula e Excusado, moi vencellado á Pobra do Caramiñal.

E como quen paga, manda, Larra adicoulle unha oda, chea de dirirambos, pero na que aparece Galicia:

Blandas márgenes del Miño / que vistéis brillar la aurora / que á las ninfas de Hipocrene / será de eternal memoria, / las que en su cuna ceñisteis / las guirnaldas olorosas / del nuevo blasón de España / a la frente brilladora…

A fronte que brilla é Fernández Varela, que non se criou nas beiras do Miño senón nas da ría de Arousa, pero aquí Miño é sinécdoque por Galicia. A oda está datada o primeiro de xaneiro de 1830.

Un comentario en “Galicia e os galegos na poesía castelá LXXXVII. Larra

  1. Con esa frase tan terrible, no nos hizo merecedores del pecado capital de la pereza del que tanto Mariano José, tachaba a los Españoles . Si Monsieur Sans-délai, en lugar de ir a visitar a Fígaro, viniese a nuestra tierra, los aliviadores de asnos, podríamos resolver los intrincados asuntos de familia del francés en menos de quince días, y así todavía tendría tiempo para visitar Madrid.
    De todas maneras, a Larra todo se le perdona, por cuanto ha dejado para nuestro disfrute y gozo.
    Buenas tardes, Román, y vuelva usted mañana.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *