Partido dopamínico

dopaminaX. Ricardo Losada. Di E. Kolbert que a xente experimenta auténtico pracer –unha onda de dopamina no cerebro- ao procesar información que confirma as súas crenzas. O cerebro tende a filtrar os datos que recibe aceptando os que concordan coas súas ideas e ignorando os que as contradín.Calquera logro do partido contrario é negado. Calquera logro do partido propio, sobrevalorado. Calquera fallo do partido contrario, sobrevalorado. Calquera fallo do partido propio, negado. Explicaríase así, por exemplo, por que a xente só le periódicos da súa corda ideolóxica ou por que renega de novelas que non defenden os seus valores.

Coñezo moitas persoas que se cansan de defender o compromiso político do intelectual, pero se os intelectuais se comprometen con ideas que non lles gustan, só por rumores e invencións, atácanos desaforada e persoalmente. Foi unha constante ao longo da historia, é a arma máis valorada nas redes sociais, e unha das razóns das crises de pesimismo que teño de vez en cando sobre a lectura e a cultura, pois moitos deses fanáticos son xente lida e formada. Se un le Castellio contra Calvino e non queda inmunizado contra o maniqueísmo; se un le libros de historia e non queda inmunizado contra as propostas idealistas totalitarias; se un coñece os conceptos básicos das ciencias naturais, sociais e humanas, e non queda vacinado contra o dogmatismo; se a un lle contan un chiste moi habitual en todas as ditaduras (os cans teñen que cruzar a fronteira do país para poder ladrar) e non utiliza a risa conseguinte para criticar calquera tipo de tiranía, ten que ser porque hai algunha forza de gran poder sobre a mente humana que o impide. A explicación dopamínica paréceme convincente.

 

torturaSupoño que esa debe ser tamén a razón da obsesión actual pola linguaxe politicamente correcta e os feitos alternativos. Disfrazar e edulcorar as realidades para que provoquen subidóns de dopamina nun maior número de persoas. Hai uns meses un alto cargo norteamericano utilizou nunha conferencia de prensa a expresión “técnica de interrogatorio mellorada” intentando aumentar o número de persoas favorables á tortura. Que teña éxito vai depender dos índices de dopamina das persoas indecisas ante a tortura cando escoiten esa expresión, pois non teño ningunha dúbida de que as totalmente contrarias non se van deixar enganar, e de que as totalmente favorables descenderán pois, para segregar dopamina, os torturadores non melloran o interrogatorio, acaban canto antes con el.

 

 

5 comentarios en “Partido dopamínico

  1. Creo que fun inxusto con Marx. Tamén é moi necesario para entender o mundo no que vivimos, independentemente de que se estea de acordo coas súas propostas. Ler o Manifesto Comunista segue sendo imprescindible, pero lido máis alá do aspecto panfletario, intentando descubrir os matices que están debaixo da chamada revolucionaria, eses matices aos que unha persoa tan intelixente coma el non podía
    renunciar.
    Desculpas pola extensión. Hoxe estaba con ganas de “palique”.

  2. Prezada Carmen:
    Así é. Cada vez que escoito a alguén criticar o pensamento único (dos outros) sei que está gabando o pensamento único (seu). É triste que sigan enganando con tanta facilidade e éxito. Hai centos de anos Erasmo deu leccións maxistrais ao respecto. Pois nada. Os demagogos e populistas seguen enganando cunha facilidade incrible. E a xente acaba perdendo o bo, como diría o outro, buscando o (supostamente) mellor. A min segue parecéndome irrebatible o criterio de Voltaire. Cal é o mellor goberno? Aquel baixo o que che gustaría vivir sendo oposición. O réxime nazi? Desde logo que non. O rexime soviético? Desde logo que non. Que cada quen aplique ese criterio aos diferentes réximes históricos e actuais. É un exercicio, se é sincero e non dominado por inercias pseudointelectuais, moi clarificador.
    NOn me deprimo. Só reduzo o ámbito de acción. Íntegro? Gustaríame que as persoas que me coñecen o pensasen, sobre todo os meus alumnos. Enxeñoso? Oxalá! Un dos síntomas máis claros da demagoxia é a falta de humor.
    Supoño que xa lerías EL MUNDO DE AYER de Stefan Zweig. En caso contrario, non perdas un minuto. Todos os que citas están entre os meus libros de cabeceira. MOMENTOS ESTELARES… é fantástico. E as biografías… Recoméndoche a de Fouchet, pola súa fantástica descrición da política de calquera tempo. Con ese libro e con Maquiavelo, pouco máis se necesita.
    Esquerdas, dereitas. Eu diferenciaría a actividade política real (que ten a súa propia dinámica) da actividade intelectual. Cando eu estaba no instituto de alumno, o obxectivo era que o ámbito intelectual acabase contaxiando as súas formas e métodos á política. Era unha idea inxenua, moi propia da época. Pero o que ocorreu foi todo o contrario. Os intelectuais actuando coas formas e métodos políticos. Dunha idea inxenua pasamos a unha práctica perversa.
    Dáme a impresión de que ves moito mellor do que dis.
    Unha aperta

  3. Querido profesor
    Completamente de acuerdo con tus afirmaciones. Aunque antes no era así, los años me fueron dando la madurez suficiente para aceptar otras formas de ver las cosas. Menudo aburrimiento si estuviésemos uniformados…
    Me ocurría con la ópera, por ejemplo: si no se ceñía o los enfoques tradicionales me cerraba a la banda. Poco a poco me fui abriendo a otros planteamientos a los que no estaba acostumbrada. Eso sí, con la capacidad de aceptar sólo lo que considero auténtico.
    Los abusos de poder se dieron en todos los tiempos y en ese sentido parece que la historia no evoluciona gran cosa. Variaron las formas. Poco más.
    Ya lo decía Ortega y Gasset: “Los demagogos han sido los grandes estranguladores de civilizaciones” y dado pie al “progresivo triunfo de los seudointelectuales incualificados, incualificables y descalificados”. Y así vamos. Pero no te deprimas que para rebatir a los susodichos ahí estáis los escritores de talante íntegro e ingenioso, como tú.
    Stefan Zweig -junto con Lajos Zilahy, Somerset Mogan y algunos otros- era uno de mis escritores preferidos cuando todavía tenía la capacidad de leer un poco. El primer libro que leí de este autor fue “Momentos estelares de la humanidad”. Después le siguieron “Carta de una desconocida”, “María Estuardo”… (Se ve que siempre me gustó la música porque, de esos momentos estelares, recuerdo con nitidez la creación de “El Mesías” y la de “La Marsellesa”).
    Volviendo a Ortega y Gasset, a Magdalena le digo: “Ser de la izquierda, es, como ser de la derecha, una de las infinitas maneras que el hombre puede elegir para ser un imbécil” (Con perdón).
    Con el polen que tengo metido en los ojos -tributo a pagar por la zona llena de árboles en que vivo- ya ni veo lo que escribo más deslavazado que nunca.
    Un fuerte abrazo a los dos.

  4. Totalmente de acordo contigo. O panorama é, nese sentido, deprimente. Se un ten que escoller entre os que din que a corrupción non é estrutural no PP madrileño e os que din que España é un país totalitario, para que ler, para que pensar, para que abrazar a crítica no sentido orixinal do termo? Escribín este texto despois de oír un profesor de Filosofía dicir en televisión que España é un país totalitario. Que lle dirá aos alumnos! Como un profesor de Filosofía pode ter esa falta, xa non só de sentido común, senón de rigor conceptual e profesional? Como pode ter a soberbia intelectual e vital de dicir que el vive nun país totalitario? Para que lle serviu a carreira? Para que lle serve ler? Para converterse nun fanático? Se o dixese un político non me preocupa, pois todos sabemos en que consiste hoxe a supervivencia en política. Pero, un profesor de Filosofía que falaba como profesor de Filosofía… Por favor… En fin… Deixo aquí o tema porque me pon mal. Tanta frivolidade coa que está caendo no mundo…
    O Calvino ao que eu me refiro é o teólogo protestante, non Italo Calvino. Recoméndoche ese libro de Stefan Zweig, Castellio contra Calvino. Como todo o seu, é extraordinario.
    Sempre é un pracer dialogar contigo.
    Apertas rianxeiras

  5. Interesante comentario como todo lo que escribes, querido profesor. Hay mucha gente que piensa como si fuera de izquierda o de derecha, y luego actúan casi siempre, como si fuesen mancos.
    Y ya que has nombrado a Calvino, te diré que casualmente ayer, leí un pequeño pero muy jugoso libro suyo: “La nube de smog”. Lo cogí al azar de la estantería, en lo único que reparé fue en el tamaño. Me fui para la playa con él, y te aseguro que pasé un par de horas de lectura muy agradables. Seguro que tú ya lo habrás leído. Contiene una de las paradojas que suele meter en sus libros Calvino, y viene a cuento sobre lo que has escrito hoy.
    Había una revista llamada “Purificación” dedicada a prevenir los peligros del humo y de las emanaciones químicas. Lo paradójico era que, los productos de la combustión eran financiados por el consorcio de industriales de la ciudad y dueños de la citada revista.
    Lo dicho: de izquierdas o derechas, pero mancos.
    A veces tendríamos que preguntarnos a nosotros mismos: Caballero, ¿se le ha caído a usted este escrúpulo? No recuerdo al autor de la cita.
    Besiños palmeiráns purificados, sin emanaciones químicas, querido profe.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *