Marzo de Muller. Literatura Infantil e Xuvenil Galega (LIXG) pola Igualdade

capa-RapazasPilar Sampedro. Quixera continuar falando desas Rapazas tan respectadas por Agustín Fernández Paz e outros autores e autoras da nosa literatura. Quixera mostrar unha homenaxe a esas Rapazas da maneira que eu podo facer, é dicir, recollendo algúns dos libros que, ao meu parecer, usaron unha perspectiva de xénero no tratamento da muller. Un traballo que poida servirlles ás persoas mediadores de lectura e LIXG para seleccionar os fondos das súas bibliotecas, para mostrarlles á rapazada e para ler e reflexionar onde haxa ocasión de facelo. Marzo de Muller, vén sendo iso, unha oportunidade para avanzar na acción positiva que as rapazas necesitan para lograr a igualdade que se busca dende a noite dos tempos.

Un par de taboleiros en pinterest mostran esa selección de títulos “ Rapazas 25 Literatura infantil galega para a igualdade” e “RAPAZAS 25 LITERATURA XUVENIL GALEGA PARA A IGUALDADE”

Sempre ha de quedar algún atrás, sempre hai outros dos que podemos dubidar, pero entre un extremo e outro, hai moito e bo acerca desta temática.

Podemos comezar citando as coleccións:

-“A igualdade conta” con títulos como: A urna dos desexos,  Irina bailarina, O segredo de Flora, O país dos mandóns, Teño dúas casas e Canto te quero, profe, de Embora Edicións.

9788499950297-“Contos da igualdade”, de Baía Edicións, cos títulos: O segredo de Flora, Xela volveuse vampira, Teño dúas casas, O país dos mandóns, Unha terrible treboada, Alfombriña, O meniño Nito, Nera a ferreira  e  Canto te quero, profe.

A Nosa Terra contaba com outra colección, Lila Lilaina, con tres títulos: Roi quere ser mamá, Carlota e o príncipe azul e Azul e rosa; todos da autoría de Ana Pillado.

Para rematar, hai que citar camiños como o de Kalandraka que traduce e edita varios libros do que se deu en chamar na anterior edición española “A favor de las niñas”, con títulos como Rosa caramelo, A historia dos bonobos con gafas, Artur e Clementina e Unha feliz catástrofe.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *