Arquivo da categoría: Poesía

Galicia e os galegos na poesía castelá LXI. Antonio Cruz

portada_hay_luz_jpgRomán Arén. Antonio Cruz Romero é de Almería e un dos poetas polos que me teño interesado entre os que naceron na década de 1970 (é de 1978). Narrador e ensaísta, teño agora nas mans a súa “plaquette” Hay una luz remota (2015), que se subtitula “Poemas en torno a J. A. Valente”, dedicada, pois, ao pai da poesía dos silencios, ourensán que tamén publicou fermosos versos en galego, as Cántigas do alén. Son once os poemas deste opúsculo de Antonio Cruz, dos que o propio autor afirma que que é sobre Valente “sobre el que gira cada palabra y cada verso de esta plaquette”. Bo coñecedor da poesía neerlandesa, antologou a obra dos poetas Hugo Claus e J. J. Slauerhoff. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá LXI. Antonio Cruz →

Cántico espiritual: o obxecto do desexo

canticoFidel Vidal. Se o Cantar dos Cantares –di J. L. Aranguren- é un poema sobrecargado de sensualidade, o Cántico é profundamente erótico. Nel o “argumento”, a “acción”, consiste na “consumación da unión amorosa enteiramente narrada”. Para Francisco Rico o Cántico significa a mellor síntese da doutrina mística que segue o itinerario cara á unión (amorosa e mística) desde os seus comezos (Subida-Noche) até o seu final (Llama), onde a amada (alma) atopa ao amado (Deus) nun marco natural e apracible.

Mi Amado, las montañas,/ los valles solitarios nemorosos,/ las ínsulas extrañas,/ los ríos sonoros,/ el silbo de los aires amorosos. Seguir lendo Cántico espiritual: o obxecto do desexo →

Locos, de Luis Arencibia e Leopoldo María Panero

locos

Fidel Vidal. En novembro de 1990 o pintor Luis Arencibia entra no manicomio de Leganés para debuxar os enfermos. Realizou cincuenta retratos a lapis dos que, dunha ducia deles, fixo cadanseu gravado. O resultado forma parte deste singular volume, Locos (Casset, 1992), composto polos doce debuxos e os seus correspondentes augafortes, e unha contribución especial de Leopoldo María Panero, con seis poemas, un conto e unha entrevista con Eneko Fraile (publicada con anterioridade na revista Quimera) onde, ao ter borrado da memoria o capítulo da infancia, intervén a súa nai Felicidad Blanch para nos descubrir que o seu fillo Leopoldo, con tres anos, xa recitaba poemas sen antes ter escoitado nin lido ningún. Seguir lendo Locos, de Luis Arencibia e Leopoldo María Panero →