Fidel Vidal. Estamos a seguir os pasos guiados da man de Octavio Paz no seu excelente volume La llama doble, Amor y erotismo (Galaxia Gutenber, 1997). Acompañado dunha selecta iconografía trata dunha viaxe poética a través da historia literaria do amor. Nel aprendemos que Platón, tamén poeta, é o fundador da nosa filosofía do amor. “A súa influencia aínda persiste, sobre todo pola súa idea da alma”. No entanto, o amor de Platón non é o noso. “Incluso pódese dicir que a súa non é realmente unha filosofía do amor senón unha forma sublimada (e sublime) do erotismo.” (páx. 43) Seguir lendo Amor platónico e amor místico
Arquivo da categoría: Poesía
Galicia e os galegos na poesía castelá. LVIII. Antonio Colinas
Román Arén. Un dos Novísimos que hoxe é xa un poeta consolidado preto da vellez. Antonio Colinas naceu en La Bañeza (León) en 1946 e en 1969 publicou Poemas de la tierra y de la sangre, pasando a se converter nun dos poetas importantes do chamado “culturalismo” con libros como Preludio a una noche total (1969), Truenos y flautas en un templo (1972), Sepulcro en Tarquinia (1975) ou Astrolabio (1979). Bo coñecedor da poesía italiana, neste eido é autor dun Leopardi (1973) e de Poetas italianos contemporáneos (1978). No seu poemario Supulcro en Tarquinia figura “No se aloja en los mesones sino bao el cielo estrellado”, que se non cita Compostela, é malia iso un poema xacobeo, aínda que non de xeito claro, pois podería pensarse nos palmeiros que ían a Xerusalén, se non fose a Vía Láctea e os “carvallos” Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá. LVIII. Antonio Colinas
Paco Souto. Facer poesía no medio do mar
Pilar Sampedro. A finais de marzo, cando a primavera estaba entrando disimuladamente, morreu Paco Souto, no mar da Costa da Morte.
O poeta, autor de As árvores do incesto, Fado, Crebar cristais coa lingua, As horas de María, E alentar na túa rosa e Caín. O poeta que recitaba cada palabra coa voz debida. O poeta que laborou arredor doutros poetas, como en Aviléscanto, co músico Serxio Moreira.
O poeta que traballou na edición (por seguir entre libros… que era o seu) en Toxosoutos, Letras de Cal, Caldeirón e, especialmente, nas Edicións do Dragón, ese monllo de exemplares que eran pezas únicas de traballo cun pintor. Seguir lendo Paco Souto. Facer poesía no medio do mar
Camuflaxe, de Lupe Gómez
Fidel Vidal. Se hai unha palabra para definir a Lupe Gómez é a de escritora. Porque Lupe escribe cartas, postais, detrás das fotos, en follas de almanaque, de cadernos, en papeis de bares, tarxetas de museos, en mensaxes de móbil. E mesmo unha novela ou unha entrevista, unha obra de teatro e, sobre todo, poemas. A súa voz resoa libre como unha fervenza rompedora: O atraso económico de Galicia / era unha forma de vangarda artística. Desde Pornografía até esta súa derradeira publicación, Camuflaxe (Chan da pólvora, Santiago de Compostela, 2017), xamais deixou de escribir. Seguir lendo Camuflaxe, de Lupe Gómez