Arquivo da categoría: Poesía

Ledicia e riqueza da Soidade en Emily Dickinson

soledadConzalo Trasbach. Nas artes, na música (da que sabemos tan pouco, coma talvez tamén de nós mesmos), no pensamento e case en toda a literatura seria, ¿a soidade e a singularidade son esenciais ou non? ¿Non é a caso unha cuestión nodal a individuación do acto ético, poético, estético e metafísico, da soidade da extinción persoal no proceso creativo? ¿Non durmimos sos? E se é así, ¿non nos acercamos ás obras artísticas titubeando, case tatexando, igual que nos aproximamos a morte? ¿En cando morremos no o facemos nunha soidade ontolóxica? Seguir lendo Ledicia e riqueza da Soidade en Emily Dickinson →

Que perdure este mundo! A poesía de Yves Bonnefoy

tablas curvasMiguel Mariño. “Que perdure este mundo, malia a morte! Cinguida sobre a ponla a oliva gris”. Así remata un dos poemas de Les planches courbes (As táboas curvas) do poeta francés Yves Bonnefoy (Tours, 1923), do que dispoñemos en versión bilingüe de Jesús Munárriz (en francés-español) para a editorial Hiperión (2003), na que xa se publicara Principio e fin da neve. Versión moi lograda, mais non literal.Cando a Academia Sueca concedeu o premio Nóbel a Le Clèzio ou a Modiano, dous bos autores, foron moitos os que pensaron que tería sido máis axeitado premiar en francés a Michel Tournier, recentemente falecido, ou mellor aínda a Bonnefoy, o peta vivo máis importante de Francia despois de Pierre-Jean Jouve, sen desprezar a obra de Pierre Emmanuel. Seguir lendo Que perdure este mundo! A poesía de Yves Bonnefoy →

No 150 aniversario de Hélène Vacaresco

vacarescoRomán Arén. Poucos lectores do mundo hispánico lembrarán hoxe a Hélène Vacaresco e non moitos do ámbito francófono. Nacida en Bucarest o tres de outubro de 1866 nunha familia nobre, estivo a punto de casar co príncipe herdeiro do seu país, pero a voda frustrouse por razóns de Estado. Aínda que romanesa, a súa lingua literaria foi o francés, nada raro nese país, pois cómpre lembrar que Tristan Tzara, Eugène Ionesco, Cioran ou Eliade eran romaneses. Iniciou a súa andaina literaria na órbita do Simbolismo co poemario Chants d’aurore, en 1886, pero non adoita estar presente nas antoloxías simbolistas, Seguir lendo No 150 aniversario de Hélène Vacaresco →