Arquivo da categoría: Poesía

A cor áspera do veludo, de Xulio Pardo de Neyra

a corFidel Vidal. (Primeira lectura. Da lingua) A cor áspera do veludo (Xulio Pardo de Neyra, Toxosoutos, 2021), “artefacto literario susceptible de múltiples e poliédricas lecturas”, segundo comenta Ramón Nicolás no Limiar, mergúllanos nas fonduras dun léxico estimulante e atraente que, no meu caso, máis dunha vez levoume a botar man do dicionario, cousa que agradezo. Este poético artefacto amósase de facto como unha auténtica arte da letra, do verbo e da fala. Unha arte literal e mesmo da liteira onde con gusto xéranse os proxectos máis íntimos. Unha cor encorada na lingua e na boca capaz da fala e da blasfemia, do falo e da femia. Beber, succionar, chupar, morder, sorber, incluso afogar. Seguir lendo A cor áspera do veludo, de Xulio Pardo de Neyra

Galicia e os galegos na poesía castelá. Antonia García de León. CLVIII

descargaRomán Arén. A poeta María Antonia García de León, autora de A trescientos quilómetros por hora (2012), Per se (2013) e Resplandece el jardín de la Malinche (2014). Xa en 2016 edita en Madrid o poemario El yo conquistado, onde na segunda parte, “Paisajes soñadas”, aparece o poema “Galicia Morandi”:

Como enamora lo humilde,/así me llega el amor de esta tierra./Lenta, lentamente./De qué callada manera./Un amor cenobial,/un amor de monasterio,/un querer de piedra y agua./Un amor de regato pequeño. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá. Antonia García de León. CLVIII

Galicia e os galegos na poesía castelá CLVII. Stella Corvalán

unnamedRomán Arén. Non son escasas as alusións a Galicia e aos galegos na poesía hispanoamericana, xa dende a época colonial (Sor Juana Inés de la Cruz, Juan Ruiz de Alarcón), e así Mendive, Rubén Darío, A. Capdevila, Neruda, Augier, Bufano, Nancy Morejón, Juana de Ibarbourou, Hugo Gutiérrez Vega, Ribera Chevremont, Enriqueta Terán, Rubén Benítez, Bossa Herazo, González Carbalho, Casal, Molinari, Bosco e moitos outros darían para unha interesante escolma. A eles habería que engadir os que cantaron ao apóstolo Santiago, que Margarita Vila estudou nun traballo de 1993: José Santos Chocano, Ricardo James Freyre, Jaime Mendoza, Peralta Barnuevo, Rothschu Tablada. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CLVII. Stella Corvalán

Galicia e os galegos na poesía castelá CLVI. Frei Diego de Valencia

ae2214fdade622b8c1f57828b351aa2aRomán Arén. Foi Teodosio Vesteiro Torres o primeiro que, no século XIX, puxo a atención nun poema de Frei Diego de Valencia dirixido a Vasco Lopes, en realidade a Vasco Pérez de Camôes, pretenso pai do autor d’Os Lusiadas, que na Crónica de Juan I figura como galego, o mesmo que no Cancioneiro de Baena. Cren algúns, erroneamente, que o apelido Camôes é corrupción de Caamaño. Tamén o Marqués de Santillana cita este Vasco de Camôes, do que non conservamos obra, mais si a “pregunta” que lle dirixe Diego de Valencia, da que amoso un fragmento: Vasco Lopez, amigo, Dios vos consuele,/e mas vos ensalce e onrra e bien/que vos me digades de qual parte vien/desir siempre ¡ay! E nada non duele. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CLVI. Frei Diego de Valencia