Román Arén. A gran renovación hispánica en poesía é obra do nicaraguano Rubén Darío, aínda que se lle poden atopar precursores en Salvador Rueda ou Manuel Reina, e mesmo unha precursora, Rosalía, na liberdade métrica. Pero a orixe é francesa: parnasianismo, simbolismo, decadentismo, Verlaine ante todo. O primeiro poema que imos relacionar, vencellar con Galicia, é o “Soneto autumnal al marqués de Bradomín”, dedicado ao seu amigo Valle-Inclán, aparecido en Cantos de vida y esperanza (1905) (“Marqués (como el divino lo eres), te saludo./Es el Otoño, y vengo de un Versalles doliente./Había mucho frío y erraba vulgar gente./El chorro de agua de Verlaine estaba mudo” Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá XXVI. Rubén Darío
Arquivo da categoría: Poesía
Ramón Blanco. Poeta e ensaísta de Outes
Pastor Rodríguez. Profesor de galego no ensino medio, nado en 1979, Ramón Blanco foi un dos fundadores do colectivo poético Sacou, co que participou no World Poetry Day de 2001, ademais de ter gañado o I Certame Francisco Añón de Poesía e de colaborar nas revistas A Caramuxa, Casa da Gramática e Terra de Outes.
No ano 2005 publicou o seu primeiro poemario, Orfeu en soños, pero é tamén autor de traballos sobre Añón e columnas críticas no ABC e na rede. Seguir lendo Ramón Blanco. Poeta e ensaísta de Outes
Galicia e os galegos na poesía castelá XXV. Gabriel y Galán
Román Arén. Foi José Mª Gabriel y Galán un dos máis populares poetas españois nos primeiros anos do século XX, aínda que adoita figurar, pola súa estética, nas antoloxías de poesía da centuria anterior e no grupo dos “poetas dialectais”, con Vicente Medina. O seu éxito de público case até os nosos días non se debe só ao carácter pretendidamente dialectal dos seus textos, senón tamén ao seu carácter cristián e patriarcal, que o fixo moi popular entre o lectorado conservador e non moi esixente en poesía. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá XXV. Gabriel y Galán
Ramón Piñeiro e a poesía galega. No seu centenario (II)
Pastor Rodríguez. Se Rosalía, Pimentel e o primeiro Novoneyra foron os poetas favoritos de Piñeiro, outros dous poetas da Xeración das Festas Minervais gozaron do aprezo do lugués: Salvador García-Bodaño e Xosé Luís Franco Grande. Do primeiro recensionou Ao pé de cada hora en Grial, no ano 1968. Nel gabou a sobriedade, a manifestación do vivir profundo, con dous eixos na súa poética: o fondo elexíaco e o pulo da esperanza, é dicir, un polo negativo cara á Morte e un polo creador cara ao Amor. Un poeta que, para Piñeiro, non manexa ideas abstractas, senón vibracións das vivencias no ser: poesía lírica, sutil, no ronsel de Pimentel. Seguir lendo Ramón Piñeiro e a poesía galega. No seu centenario (II)