Miguel Mariño. John Clare (1793-1864) é un poeta presente nalgunhas antoloxías británicas do Romanticismo, aínda que o seu espírito fose nalgúns casos pre-romántico, que tivo defensores ilustres (Dylan Thomas, Ted Hughes), pero que ficou escurecido por Byron, Keats, Shelley, Coleridge, Goldsmith, Wordsworth, Collins, Lamb e ata Southey. Un poeta campesiño non só pola súa humilde orixe senón tamén polo seu amor pola natureza, pola vida do campo, que fóra dese marco se sentiu exiliado e chegaron cinco quilómetros para facerlle sentir que perdera a súa patria. Seguir lendo Un poeta elexíaco e campesiño
Arquivo da categoría: Poesía
Baldo Ramos, un poeta pintor
Antonio Piñeiro. Signo, esencia, icona, embrión, paratextualidade, inmediatez, insinuación. Diciamos unha vez, coido que aquí mesmo, que o acto pictórico de Baldo Ramos ten o significado daquel soprido co tuto, na cripta primitiva da arte; o pigmento expelido co que o pintor (aquel xamán, gurú, mestre) descubriu o mundo en si mesmo ou se sorprendeu entendéndoo. Seguir lendo Baldo Ramos, un poeta pintor
Galicia e os galegos na poesía castelá V. Jon Juaristi
Román Arén. Jon Juaristi é moi coñecido como ensaísta sobre temas vascos, sempre en español, sempre fronte ao terrorismo e sempre contra os nacionalistas, dende posturas “unionistas”. Pero Juaristi é, tamén, poeta, e un poeta importante na súa xeración. Nado en 1951, en 1985 publicou Diario del poeta recién casado, unha obra chea de ironía, lirismo e sátira, nunha pluraridade de tons. Xa en 1987 editará Suma de varia intención e en 1988 Arte de marear. Logo recollerá os primeiros libros en Mediodía, editado en Granada en 1994. E nese compilatorio recolle un fermoso poema do seu primeiro libro de 1985, “Iré al Caurel”, dedicado a Uxío Novoneyra, que é o que eu reproduzo agora: Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá V. Jon Juaristi
Galicia e os galegos na poesía castelá IV: Concha Méndez
Román Arén. Cando se fala da Xeración do 27 rara vez se fala das súas poetas e, se se fala, faise con paternalismo e certo ton despectivo, inxustificados unha historia da poesía española e da Xeración do 27 non pode ignroar os nomes de Ernestina de Champourcín, Josefina de la Torre, Carmen Conde ou Concha Méndez. Case todas, ademais, viron o seu eco máis apagado polo exilio tras a guerra civil ou pola postguerra pouco favorable. Concha Méndez (1898) foi participante activa na vida literaria e artística española e deportista destacada. Colaboradora do seu home, Manuel Altolaguirre en revistas como <Héroe>, <1616> ou <Caballo verde para la poesía>. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá IV: Concha Méndez