Galicia e os galegos na poesía castelá V. Jon Juaristi

juaristiRomán Arén. Jon Juaristi é moi coñecido como ensaísta sobre temas vascos, sempre en español, sempre fronte ao terrorismo e sempre contra os nacionalistas, dende posturas “unionistas”. Pero Juaristi é, tamén, poeta, e un poeta importante na súa xeración. Nado en 1951, en 1985 publicou Diario del poeta recién casado, unha obra chea de ironía, lirismo e sátira, nunha pluraridade de tons. Xa en 1987 editará Suma de varia intención e en 1988 Arte de marear. Logo recollerá os primeiros libros en Mediodía, editado en Granada en 1994. E nese compilatorio recolle un fermoso poema do seu primeiro libro de 1985, “Iré al Caurel”, dedicado a Uxío Novoneyra, que é o que eu reproduzo agora:

Me levantaré y me iré, me iré al Caurel./ Iré al alto Caurel de agua y pizarra/donde Lor sesga entre los castañares./ Caerá una fina lluvia entre brezos y árgomas,/y vendrá, lleno el viento del olor de la gleba./Caurel, Courel de névoa, qué garra de nostalgia/tira de mí esta noche hacia tu bosque antiguo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>