Ramiro Ouviña O. É de noite. As nove do 21 de decembro. Venta como se ouvease a morte, e a chuvia arremuíñase ao noso redor. Os paraventos non son quen de espallala lonxe das nosas facianas. O bambeo do barco move a cortina da derrota, chiscando o seu ollo de luz e escuridade. Saímos do Caribe hai doce días, con rumbo directo ao Canal da Mancha. Seguir lendo Punta das Crechas
Arquivo da categoría: Ramiro Ouviña O.
Amor de verán
Ramiro Ouviña O. Xa viñan enleados cando chegaron para cear. As frases, aínda que pronunciadas sen alporizar os ánimos, atropelábanse unha coa outra.
-Eu só che digo que as cousas do verán morren co verán. E moito máis mortas están cando son do verán pasado, … Seguir lendo Amor de verán
A ferraxaría do Xailo
Ramiro Ouviña O. No hospital aínda non saben por que o levou tan rápido, pero, iso si, téñenlle reservado un lugar especial na estatística de casos excepcionais.
Áurea estaba segura de que se Xil, o seu marido, puidese escoller cando morrer e como ser enterrado escollería precisamente isto, o que lle tocou. Seguir lendo A ferraxaría do Xailo
The Ramones
Ramiro Ouviña O. A feira de Pedra Leirada era unha cita marcada en vermello nos calendarios da casa dos Patexos. Cada ano, Ramón e Ramona renovaban, na intimidade procurada polas árbores mestas da estremeira do campo da feira, o seu primeiro encontro «carnal» Seguir lendo The Ramones