Arquivo da categoría: Teatro

Sedución e incesto

1200px-Loth_and_his_daughters_mg_0028Fidel Vidal. A lei da prohibición do incesto é unha lei propia dos seres humanos. Non están obrigados a ela os faraóns, nin os emperadores e, moito menos, os deuses. Como case todas as leis, tamén esta vén dada desde o poder, o dono dos bens (terras, obxectos ou persoas), desde o amo e señor, co único propósito de suxeitar e someter os máis débiles e necesitados. E de expoñer, sen dúbidas, quen é o que manda. En canto á sedución, a pregunta é: Quen seduce, o adulto ou o neno? A nai ou o fillo? Ou trátase dunha historia entre dous iguais? No entanto, de comezo, existe unha diferenza: “Miña era a copa i o veleno”, acepta Gerda, nai de Hamlet. Seguir lendo Sedución e incesto

Unha morte ben figurada

DançadamortebFidel Vidal. No teatro da vida representada nunha comedia onde cada quen participa co seu papel –como anotación marxinal da existencia-, nunca poderá o home escoller ocasión máis axeitada para se afirmar nel, coa posibilidade de alcanzar a vivencia máis crible que a propia realidade, por ser unha auténtica verdade, é dicir, verdade de autor. Seguir lendo Unha morte ben figurada

As verdades da/o fala/o

alexander-of-abonoteichus-01Fidel Vidal. (A máscara non instaura unha distancia, senón outra proximidade –Claude Royet-Journoud-). A bioloxía ligada ao precioso seme, ao sangue dos Hardrada, do que tanto presume a Raíña Gerda (GERDA.- ¿Tés noxo do sangue dos Hardrada? (…) É un seme exquisito. Soamente dá dous abrochos cada xeración. É raro coma unha pedra preciosa), non é razón de paternidade nin de maternidade. Esta establécese a través da relación onde os roles póñense en marcha e vanse formando, non como home (Rei), muller (Raíña) e neno (Príncipe), senón en tanto pai, nai e fillo. Seguir lendo As verdades da/o fala/o

O tempo de (non) pensar

hamlet-smFidel Vidal. Ser home e Rei a un tempo, no mesmo tomo, é algo imposible. Porque o Rei sendo culpable, causante do delito, líbrase da culpa e da condena polo sinxelo feito de ser Rei, dispensando con el ao home que o soporta. Soamente os deuses e os Reis están exentos de calquera crime ou prohibición, incluída a do incesto. Se o Rei busca vinganza é por se ver desposuído, non por cornudo. Seguir lendo O tempo de (non) pensar