Sedución e incesto

1200px-Loth_and_his_daughters_mg_0028Fidel Vidal. A lei da prohibición do incesto é unha lei propia dos seres humanos. Non están obrigados a ela os faraóns, nin os emperadores e, moito menos, os deuses. Como case todas as leis, tamén esta vén dada desde o poder, o dono dos bens (terras, obxectos ou persoas), desde o amo e señor, co único propósito de suxeitar e someter os máis débiles e necesitados. E de expoñer, sen dúbidas, quen é o que manda. En canto á sedución, a pregunta é: Quen seduce, o adulto ou o neno? A nai ou o fillo? Ou trátase dunha historia entre dous iguais? No entanto, de comezo, existe unha diferenza: “Miña era a copa i o veleno”, acepta Gerda, nai de Hamlet. Quer dicir, dona das armas (o veleno) e do poder (a copa). Mesmo do poder da experiencia e do saber do outro.

GERDA.- Hamlet, en verdade vivimos tan lonxe o un do outro que somos un home i unha muller máis que unha nai i un fillo!

HAMLET.- (…) ¡Iste perfume que levas é un perfume de verán!¡Vai ben coa vosa idá! Repítoche, eres mui fermosa. ¿Quen non se namoraría de ti?

O primeiro amor de calquera ser humano, sexa este varón ou femia, é a súa nai, como para ela, a nai, o seu fillo ou a súa filla. Ao fin, amar vén de mamar. E o pai.., que pasa co pai? O pai tamén conta, pero en principio no papel do celoso presente que, simbolicamente, será quen, mediante o pase do imaxinario ao simbólico, de pór as cousas no seu sitio. No sitio de quen?220px-Lucas_van_Leyden_-_Lot_and_his_Daughters_-_WGA12932 (Entramos noutra historia). Como non vai estar celoso o pai, se ambos ous dous, nai e fillo, bótanse flores e galanos sen ningunha clase de pudor?

GERDA.- Eres mui fermoso, Hamlet. Dixéronme que non coñecías muller.

HAMLET.- ¡Deica agora mesmo! ¡Xúroche que dixeron verdá! Señora, será millor que non deixemos de ser nai e fillo. Hai cousas que aínda non se usan en Dinamarca.

GERDA.- ¿Que cousas?

HAMLET.- ¡Isto, e isto, e isto! ¿Non mandaches matar por ser fidel? (Crava unha e varias veces, e con ira, o puñal no seo da Raíña. Chega Poloño)

GERDA.- (Caída no chán) ¡E non che tiña medo, Hamlet, fillo…! (Xornada 3, Escea VII)

A morte (in-merecida) da Raíña a mans de Hamlet (“¡Isto, e isto e isto!”) significa, a un tempo, unha morte e unha castración (metafórica). Morre Gerda, portadora do poder, do falo (“miña era a copa i o veleno”) e de Hamlet, tamén portador do falo, o puñal que se crava unha e outra vez até causar a morte da Raíña. Ou da súa nai?

5 comentarios en “Sedución e incesto

  1. Mi deseo de unas hermosas fiestas para todos los componentes y participantes de Barbantia y gracias también a Naty . Acabo de robarle para mi colección ese bonito palíndromo.
    Bo Nadal, barbantianos.

  2. Querido Fidel: A todo ese grupo de literatos magníficos, con sus estupendas comentaristas, mi deseo sincero de unas felices Fiestas Navideñas. Con mi aprecio
    sincero.

    DÁDIVA NADA MÁS ERES, AMADA NAVIDAD.
    El Palíndromo dedicado, en especial, a ti y a Magdalena. Me pareció el más apropiado para estos días.

  3. Y, ¿Quién sedujo a quién ? Eva a Caín y a Set, o ambos a Eva ? Nunca he oído a la curia hablar sobre ese misterio. ¿ Estaría catalogada la madre de la humanidad como diosa, emperatriz, o una Nefertari, por haber nacido sin ombligo, y así poder procrear sin caer en el incesto? Porque de no ser así, tendrían que agradecer a Darwin que les sacase el mochuelo de encima al plantear que estamos constituidos por células en lugar de creados por costillas robadas. Prefiero pensar en su adánica inocencia y que la salida del paraíso fue unicamente por haberse comido la manzana y no, por por incesto. De todas maneras fue una expulsión (in-merecida ).
    Querido Fidel, acabo de oír una campanada, estoy en el justo intervalo de dejar esta música paradisíaca, por la del contenido del horno que debe de estar en su justo punto de cocción.
    Castos besiños palmeiráns.

    EVA USABA RIMEL Y LE MIRABA SUAVE.

    1. A nosa Eva -primeira e única referencia bibliográfica dun nacemento “parido” por un home (Adán) por mediación doutro varón (Deus como artífice maior. Xa ves onde alcanza o valor dos machos)- supón, segundo humilde opinión -miña atenta e querida Magdalen- un modelo de rebeldía, un acto de liberdade fronte á prohibición (os amos sempre están a prohibir algo) arbitraria dun Deus caprichoso que non se fiaba das súas propias creacións, quer dicir, nin de si mesmo. Un famoso urólogo xa falecido, ante a pregunta por cumprir un soño, respondeu, moi seriamente, que quería ser pai parindo, dar a luz unha criatura. Un marabilloso soño non cumprido. Eu tamén quero dar a luz. O NOSO SONO.
      Saúde, bicos, apertas e felices festas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *