Borranchos, de Domingo Regueira

Foto: Marcos Creo

Foto: Marcos Creo

Eme Cartea. Hoxe incursionamos na ilusionante aventura dun home que leva na ollada e nas mans a forza inconmensurable e orixinal do Homo artisticus, que dialoga coa vida cotiá sempre experto e habelencioso, dende a cordialidade sensible da Historia, de aquí e de sempre. Dínolo ben Manuel Teira no prólogo ao catálogo da exposición presente no Museo Valle-Inclán, da Pobra: «Entrar no mundo de Domingo Regueira é entrar na maxia druídica do dolmen de Axeitos ou da pedra Leirada». Porque sabemos, os que o coñecemos e queremos, que o seu empeño xira invariablemente ao redor das raíces e do patrimonio de noso. O seu é buscar, estudar, denunciar, dar a coñecer vestixios, ignorados ás veces, que esperan a redención e a supervivencia do seu testemuño.

Tamén nolo di Antonio González Millán, director do museo, no seu limiar: «Estes Borranchos seus, presentados como aproximación persoalísima do mestre á obra de Valle-Inclán, son un exemplo de diálogo conveniente entre as artes visual e escrita, unha sorte de láminas ilustradas de inspiración literaria onde a inventiva e a técnica da tinta artística harmonizan cun gran resultado plástico».

Augadas costumistas

É certo, amigo Teira, que con Domingo «aprendemos a amarmos o noso». Unhas augadas costumistas, de técnica e composición axustadas, escura cor de terra e nostalxia, «que contribúen a encadrar e a definir ese carácter telúrico e de vella lembranza apropiado ás memorias» -que nos di Antonio-, nas que apreciamos a forza dos Esperpentos, das Comedias Bárbaras, do Xardín Umbrío, das Sonatas, d’A lámpada marabillosa… e esa intensidade tráxica e deformada da súa estética expresionista, que o sitúa nos cumios privilexiados da auténtica creación.

Domingo Regueira coñece moi ben a Valle. Por iso é quen de o interpretar con mestría e virtuosismo. Porque hai comuñón e recoñecemento. Custoulle dar este paso, expoñerse á crítica e á intemperie do aplauso, pero finalmente, polo ben da arte e da amizade, témolo entre nós, musealizado, sentimental, caricaturesco e poético, amante do enigma dos soños e da razón que, sabemos, produce monstros. Pero monstros xeniais e gozosos.

En Domingo Regueira a arte non é descuberta senón invención, tratamento orixinal, abraio. O mundo sagrado da tradición, a lenda e o mito son nel reinterpretación, esteo chantado na imaxinación, que nos orixina e sostén arredor de nós e globais, transcendentes de terra e utopía. Unha arte que consagra e desacraliza, instaura e rexeita coa mesma lexitimidade. Porque, sendo un serial de «divinas palabras», Domingo é quen de achegarnos, de primeira man, a ese universo sensible do paradoxo e da conmoción esperpéntica e irreverente. Un mundo de espellos rotos e embazados que nos devolven o rostro simbólico, ermo e atribulado de todos os Max Estrella que nos apesaran. E que nos habitan.

2 comentarios en “Borranchos, de Domingo Regueira

  1. Querida Magdalena, polo que vexo, coñeces moi ben a Dimingo, o noso cumún amigo. Si, claro que é terco, e orixinal, e gran artista, inda que el se resista a aceptalo. Pero para eso estamos os amigos, para convencelo.
    Grazas polas túas sempre clarividentes e acertadas palabras. O teu labor é moi necesario para os que, por veces, nos dedicamos á escrita, inda que sexa esporadicamente. Sabermos que hai alguén aí detrás do branco da folla, que te vai ler con pracer e ollo crítico, axuda a ganduxar mellor as palabras, e aclara ademais as ideas.
    Grazas, amiga, por ser e estar empre atenta a Café Barbantia. Todo un luxo!

  2. Como cada día al levantarme y desayunar con Barbantia, siento un estimulante bienestar . Hoy, ese proceso de entusiasmo se multiplicó. El apreciado Cartea – que escasamente se prodiga por este medio – se asoma de la mano de mi querido Mingucho.
    ¡ Bienvenidos ! la Navidad os hizo volver a casa.
    Bien sabes, querido Cartea, que tuve el placer de ver la obra de nuestro Mingucho. Todo lo que de él dices, lo corroboro. Mingucho es un artista innato, y creo que esa melancolía y pesimismo completamente invariable que mantiene con esa extraña mezcla de terquedad, es parte de su estado espiritual y artístico. Mingucho, es único e intransferible.
    Te acordarás de lo mal que nos lo hizo pasar esquivando su presencia el día de la presentación de su obra. Cuando lo estábamos esperando y no aparecía, me acordé que el propio Valle- Inclán viajaba a Madrid para ver los ensayos, pero fiel a su costumbre no aparecía a recibir los aplausos la noche del estreno, porque don Ramón María, escribía desafiando las convenciones del teatro español contemporáneo y no era ajeno a los críticos que decían que sus obras eran “un atentado contra el buen gusto”.
    A última hora, el artista, nuestro Mingucho, nos regaló su presencia, que fue el colofón con el que puso su marchamo de artista en aquella magnífica obra.
    Gracias, Mingucho.
    Gracias, Manolo.
    Besiños palmeiráns para ambos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>