Arquivo da categoría: Antón Riveiro

Soidade viral

iphone-500291_960_720Antón Riveiro Coello. Hai uns cantos anos, cando as redes aínda non botaban lume, vin dous mozos enviándose mensaxes mentres compartían mesa e bebían un refresco nunha terraza. Naquela altura un podía entender que estaban en plena descuberta das posibilidades que lles ofrecía o móbil para se conectaren e o caso non pasaba de algo propio da idade e da absorción das novas tecnoloxías. Seguir lendo Soidade viral

Elas tamén xogan

71SC2W22a9L._SX425_Antón Riveiro CoelloÁ pregunta dun periodista sobre se o City podía ser o primeiro equipo inglés en acadar un triplete, Pep Guardiola respondeu que esa posibilidade só se daba no masculino porque un equipo feminino xa o lograra. A resposta converteuse en noticia e, unha vez máis, puxo o foco na desigualdade que os medios de comunicación constrúen a diario dándolle máis valor a un adestramento de Messi que ao éxito dunhas xogadoras de baloncesto nun Campionato do Mundo, por poñer só un exemplo. Seguir lendo Elas tamén xogan