As ilusións do sexo

14-febrero-marcado-calendario_23-2148009329Antón Riveiro Coello. Sempre desconfiei das enquisas, sobre todo, daquelas relacionadas coa intimidade. Para sermos francos nas respostas tamén precisamos de certa intimidade e anonimato. Cando alguén nos pregunta en directo, o máis normal é finxir e encher o peito de vaidade para soltarmos non o que é senón o que nos gustaría que fose. Por iso, unha vez máis leo con certa prudencia os resultados que a empresa Control tirou da mocidade española sobre o tema da práctica sexual, onde galegas e galegos ocupamos un sétimo posto no total do Estado. Coido que, máis que a posición acadada por mor da frecuencia con que o facemos, o que nos debería preocupar é a calidade, a forma, a imaxinación e, por suposto, a caída no uso do preservativo. Lendo a fondo a enquisa é doado chegarmos á conclusión de que o patrón falocéntrico da pornografía segue a rexer as posturas e a fantasía da mocidade. Aí é onde coido que debe intervir unha boa educación para construír o sexo coma un lugar de pracer e respecto, en contraste tamén coa sacralización que as relixións fan do asunto. Con todo, como estamos a falar da intimidade dos máis mozos, podemos falar apenas de tendencias. Pero se falamos do sexo na terceira idade, malia que moita xente aínda pense que a eses anos o sexo non pode ser máis ca unha ilusión, non hai moito que a prensa recollía unha enquisa sobre a práctica sexual das persoas entre os 65 e os 75 anos. E o curioso é que os datos tirados desa enquisa si estaban para botar foguetes porque nesa franxa de idade seica se fai dúas ou tres veces por semana. Algo insólito que levou a un meu amigo, que adoita tomar en serio todo o que sae no xornal, a recortar a noticia e pegala na porta do frigorífico, agardando por esa xubilación tan desexada.

9 comentarios en “As ilusións do sexo

  1. Graciñas pola la aclaración, querida Mari Carmen, pero sigo considerando o título do pórtico, unha por ter que estar de portas para adentro e o outro de portas para fora, o máis idóneo.
    Moitos biquiños desde Palmeira, oxe con olor a terra mollada.
    Ahora teño que saír. Eu, bendito sea Deus, non son nin claustrofóbica, e menos agorafóbica.

  2. Nunca había oído hablar de ese buenísimo minicuento de Bendetti, querida Mari Carmen, ya me dirás como lo ha titulado. Yo le pondría: “El portico de la gloria”.
    Alegres y castos besiños para toda Barbantia.

  3. Querido Antón:
    Si Magdalena no se atreve a dar su parecer acerca de la práctica del sexo, no seré yo la que lo haga a mis años… Estoy de acuerdo contigo en que, a cualquier edad, ante todo “placer y respeto”.
    En cuanto a san Agustín, el conocimiento de su vida -y la de otros renombrados santos- me lleva a pensar que para llegar a ser un gran santo, antes tienes que ser un gran pecador.
    Como no se me ocurre cosa mejor (en realidad deseché lo que había escrito, por parecerme un tanto irreverente), os dejo un minicuento de Mario Benedetti:

    Su amor no era sencillo
    Los detuvieron por atentado al pudor. Y nadie les creyó cuando el hombre y la mujer trataron de explicarse. En realidad, su amor no era sencillo. El padecía claustrofobia y ella agorafobia. Era sólo por eso que fornicaban en los umbrales. FIN
    Bonitos sueños.

  4. Porque las súplicas de una madre a Dios, querido Fidel, siempre son escuchadas, y santa Mónica más predispuesta a la exaltación que al desanimo, alcanzó de Él, lo deseado y le dio a Agustín la capacidad de escribir esos doce tomos en donde manifiesta el arrepentimiento por su impúdica y mundana vida.
    Luego aligerado de su frívolo peso, se volvió soso como un lago. Pero como tú dices: “Que lle quiten o bailado”.
    Castos biquiños.

  5. Querido Antón : Me estoy riendo porque yo me encuentro en esa franja de edad y no voy a decirte si eso es mentira o verdad porque sería exponer demasiado mi intimidad pero, voy a contarte lo que ponía en boca de un personaje maduro que presumía de poseer todo lo que deseaba de una mujer, el insuperable Jardiel Poncela:
    ” ¿ Cuánto tiempo os amasteis ? – preguntaba un amigo al fogoso amante –
    “Ciento veintidós espasmos” – contestó -.

    Este personaje opinaba todo lo contrario de san Agustín que decía: “El placer de morir sin pena, bien vale la pena de vivir sin placer”.

    Ya ves, Antón, el primero entregado a la lujuria, y el segundo, – san Agustín – soso como un lago.

    ¡Ah ! y dile a tu amigo el de la pegatina en la puerta del frigorífico, que ese electrodoméstico solo sirve para calmar el estómago, que es el órgano de la sede de otras emociones.

    Besiños palmeiráns, querido Antón.

    1. A quen fuches recordar, querida Magdalena, nin máis nin menos que a san Agustín, o das Confesións, que semellan unha pregaria pedindo perdón polos seus anos de mocidade cargados de amor carnal, de concupiscencia e dunha vida licenciosa a tope. Que lle quiten o bailado!
      Saúde para seguir gozando cadaquén como boamente poida.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *