Galicia e os galegos na poesía castelá CXXIV. Un anarquista canta a Rosalía

agrazRomán Arén. En 1985 Xesús Alonso Montero incluíu na súa Coroa poética para Rosalía de Castro un interesante poema, “Galicia mártir”, publicado na revista <CNT> número 745, o 11 de novembro de 1937, o ano do centenario do nacemento da poeta, e dá o texto como anónimo. Xa en 2004 Alonso, na obra Páxinas sobre Rosalía de Castro (1957-2004) (Vigo, Xerais), fornécenos o dato da autoría do texto, Antonio Agraz, e, baseándose en Serge Salaün, indícanos que foi o poeta libertario da guerra, detido en 1939, condenado a doce anos de cárcere e que morreu no Hospital Provincial de Madrid en 1959. Salaün inclúeo no Romancero de la guerra de España 1. Romancero libertario (1971). O poeta anarquista aproveita o poema rosaliano “Castellanos de Castilla…” para sinalar a terrible condición da Galicia dominada polo fascismo e, con esperanza, prometendo liberala da opresión. Velaí o poema:

¡Ay, Rosalía de Castro,/corazón deshecho en versos!/Llorabas cuando veías/marchar a los mozos nuevos/para las tristes <corredoiras>/llenas de <aturuxos> <meigos>,/pendientes de corta cuerda,/sobre el hombro los dos zuecos,/un <alalá> entre los labios,/en el zurrón, pan moreno;/las hoces, en la cintura;/sobre las hoces, reflejos/del día que se alargaba/roto en suspiros y besos./A Castilla iban los mozos/segadores, y los viejos./«¡Castellanos de Castilla,/tratad bien a los gallegos!»/¡Ay, Rosalía de Castro,/corazón deshecho en versos;/cómo lloraras ahora,/si vieras loz mozos nuevos/sin luz en los suyos ojos;/sin piernas los suyos cuerpos;/sin manos los brazos fuertes,/y las bocas sin aliento;/víctimas de los civiles,/ fieras con tricornio negro!/¡Ay, Rosalía de Castro,/corazón deshecho en versos!/¡Castellanos de Castilla/salvaremos tus gallegos!

Fíxome nos versos sete e oito: “…pendientes de corta cuerda,/sobre el hombro los dos zuecos…”, e vexo como perdura o tópico do galego descalzo cos zapatos ao lombo dende o Século de Ouro: Así Tirso de Molina:

¿Los zapatos/a la cintura colgáis,/y descalzo camináis?

É o que Conde lle di á galega Dominga, mentres que Castillo Solórzano describe á galega Dominga Pérez, en Proteo de Madrid (1624) así: “con los zapatos en la pretina y los pies en el camino”.

Tamén Mira de Amescua en Galán valiente y discreto:

De un lugar a otro pasaba/y un español encontré;/gallego pienso que fué,/pues descalzo caminaba.

Un comentario en “Galicia e os galegos na poesía castelá CXXIV. Un anarquista canta a Rosalía

  1. De volta dunha ruada, correndo a paso de can, cos seus zapatos na man, iba o mozo Andrés Parada. Douse nun pé unha pancada contra un coio o pobre Andrés, que vendo a uña do revés, dí chorando: ” ¡ Malos lobos ! ai meus zapatiños novos, quen vos levara nos pés.

    Un abrazo palmeirán

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>