Arquivo da categoría: Gonzalo Trasbach

50 sombras de Grey

greyGonzalo Trasbach. Ela chámase Anastasia Steele (Dakota Johnson). Estudante de literatura que ademais nas horas libres traballa nunha ferraxaría. El é Christian Grey (Jamie Dornan). Guapo e multimillonario. Teno todo, pero tamén un lado escuro: unha tendencia sado sexual. Ela atópase co macizo Chris por azar. Tras caer enferma a súa compañeira de piso, esta pídelle que a substitúa para ir entrevistalo. Acode así por vez primeira ao edificio Grey  House, que, casualidade?, xa ten forma fálica, e é onde traballa e vive o protagonista. Seguir lendo 50 sombras de Grey

Reflexionando sobre o snobismo

snob1Gonzalo Trasbach. Mentres agardas que o sono se apodere de ti no medio do silencio da noite, nese intre de sombra e luz, cando todo semella un pouco ambiguo, indefinido, e os espectros do real espertan os medos infantís que sentías na vella casa dos teus pais naquelas solitarias e escuras noites de inverno, hai uns días asaltouche unha desacougante pregunta, como se un diaño cha musitase lentamente no ouvido para non deixarte durmir: Fuches de mozo ou de home maduro un pouco snob? E agora que xa es case un vello? Seguir lendo Reflexionando sobre o snobismo

Escolma de poesía salvaxe. Ferrol, 2007-2013

escolmaGonzalo Trasbach. Este libro, de magnífica feitura, reúne nas súas máis de 400 páxinas seis anos de poesía salvaxe, é dicir: libre. Recolle, pois, unha colleita poética que unha vez cada primavera durante unha semana sementaron centos de poetas de moi distintos lugares da xeografía ibérica na cidade de Ferrol. Resoan nos prados desta antoloxía, ilustrada con fotografías dalgúns dos protagonistas, voces de diferentes rexistros fonéticos, libres coma o vento cando asubía ou ronca no medio do piñeiral, de texturas e estilos poéticos moi diversos. Seguir lendo Escolma de poesía salvaxe. Ferrol, 2007-2013

2014: lembranza, retirada e mais tres discos

German Coppini _ Despierta Escuela _ SG01Gonzalo Trasbach. Aínda que a colleita musical do ano que acabamos de deixar atrás non parece prestarse a grandes titulares, o certo é que o 2014 deparounos unhas cantas xemas sonoras. Pero tamén nos deixou algunha que outra mala noticia. Para comezar convén lembrar que o 2013 pecharase co desacougante falecemento dun singular artista da nosa comunidade: Germán Coppini. Un dos puntais das míticas formacións Siniestro Total e Golpes Bajos deixounos repentinamente o 24 de decembro aos 52 anos. Seguir lendo 2014: lembranza, retirada e mais tres discos