Gonzalo Trasbach. Quere un empezar este comentario sobre este estupendo feixe de discos falando un pouco do último álbum que publicou un conxunto da nosa vila: Triángulo de Amor Bizarro, formado por Rodrigo Caamaño (voz, guitarra), Isabel Cea (voz, baixo), Rafael Mallo (batería) e Rubén Muñoz, “Zippo” (teclados e guitarra). O grupo vén de titular o quinto álbum da súa carreira co mesmo nome que o da banda e tamén o da súa ópera prima, debut que tivo lugar hai algo máis dunha década, aló polo 2007, ano no que tamén sacaron á luz “El hombre del siglo V” Seguir lendo Un bo feixe de discos
Arquivo da categoría: Gonzalo Trasbach
Recordatorio de Ian Curtis e de “Closer”
Gonzalo Trasbach. O pasado luns cumpríronse corenta anos do suicidio de Ian Curtis, o enigmático cantante de Joy Division, icónica banda do post-punk británico. Dous meses antes do fatídico desenlace gravárase “Closer”, xustamente un pouco despois do sete polgadas Love Will Tear Us Apart. Sobre unha poética sombría, un desarraigo emocional, unha desolación existencial e un furioso nihilismo tecía as súas paisaxes sonoras Ian Curtis (Manchester, 1956). Seguir lendo Recordatorio de Ian Curtis e de “Closer”
Unha canción para o peche de Rockdelux
Gonzalo Trasbach. Recordade amigos: <Había na terra de Hus un home chamado Job (Job, 1,1). Era xusto e rico. Pero en pouco tempo a desgraza caeu sobre el e perdeuno todo. Prostrado nunha esterqueira, abandonado, debátese entre o berro e o silencio>. Seguir lendo Unha canción para o peche de Rockdelux
Lembrando o dueto de PJ Harvey e Nick Cave
Gonzalo Trasbach. Os que gustamos da música pop contemporánea tamén nos interesamos polas rexoubas que arrodean os nosos cantantes ou grupos favoritos e coñecemos os medios para conseguir este tipo de informacións ás veces un tanto banais, pero que dan moito xogo. Pois ben, hoxe imos escribir sobre un rumor do que se falou dabondo no seu tempo. Fai 25 anos que se soubo que Nick Cave, o líder dos Bad Seeds, e mais Polly Jean Harvey viviron ao parecer unha relación amorosa bastante turbulenta Seguir lendo Lembrando o dueto de PJ Harvey e Nick Cave