Xerardo AgraFoxo. A illa é nova. Ten a súa orixe nun volcán abrollado do Atlántico hai cinco millóns de anos que se converteu paseniño nun paraíso recoñecido polo seu clima agradábel, un mosaico de engaiolantes paisaxes e unhas fragas de laurisilva únicas no mundo. Pero a capital é unha cidade vella, xurdida a carón dunha baía orientada dende os comezos da colonización portuguesa para comercializar os seus produtos máis demandados: a cana de azucre, os plátanos e o viño doce. Esta «pequena Lisboa» amosa un centro histórico ben conservado, onde se erguen igrexas, museos e pazos antigos Seguir lendo
Arquivo da categoría: Xerardo AgraFoxo
A favela de Vitigal
Xerardo AgraFoxo. Lera que a praia de Ipanema era máis cosmopolita e sofisticada, pero eu vina máis tranquila. O ambiente parecía familiar e as terrazas máis cativas que as de Copacabana. Dende a Punta do Arpeador, no extremo sur, ata o barrio de Leblón, un abeiro tradicional e apracible, sucedíanse hoteis e restaurantes. Dende ese lugar de encontro da mocidade carioca, recoñecido polos seus magníficos solpores Seguir lendo
Guerra en Angra dos Reis
Xerardo AgraFoxo. Cando divisei o centro histórico, detrás do cal se adiviñaban uns curutos habitados, entrei na Oficina de información e turismo. Ao cruzar o seu limiar vin un cartel que me deixou abraiado. Con letras amarelas, sobre un fondo negro escuro, reflectíase unha explícita mensaxe: “Ajude o 33º BPM a combater o crime em Angra dos Reis. Seguir lendo
A nai brasileira de Thomas Mann
Xerardo AgraFoxo. Á media tarde acudín á oficina de información onde me atendeu Laise, unha moza morena e alegre, que escoitou con interese as informacións que eu acadara sobre a vida de Júlia da Silva na rexión de Paraty.
–Existe a Fazenda Boa Vista?
–Si. Seguir lendo