Arquivo da categoría: Xerardo AgraFoxo

A vinganza do defunto, de Carlos Reigosa

viganzaXerardo AgraFoxo. Eliseo Sandamil, un rico empresario de 90 anos, realízalle un sorprendente encargo ao detective Nivardo Castro: quere que investigue a súa morte cando esta se produza. Sabe que ten moitos inimigos e, talvez porque tivo un pasado vinculado cos momentos máis difíciles da posguerra española, algúns deles seguramente o queren ver morto. Así comeza A vinganza do defunto (2014,) a última novela de Carlos Reigosa (A Pastoriza, 1948), e quinta entrega deste prolífico autor co mesmo protagonista daquelas páxinas de Crime en Compostela (Premio Xerais, 1984). Seguir lendo A vinganza do defunto, de Carlos Reigosa

A moza danesa, de David Eberschoff

la-chica-danesaXerardo AgraFoxo. Esta novela conta a historia de Einar Wegener e Greta Waud, unha parella de pintores dinamarqueses coñecida nos primeiros anos do século pasado polos seus retratos de mulleres. Un matrimonio artístico que pasou á historia cando el, Einar, se converteu na primeira persoa en cambiar de sexo cunha intervención cirúrxica. Así naceu Lili Elbe, a auténtica protagonista deste relato ateigado de dúbidas, pensamentos e emocións, no que o autor, David Ebershoff ( (Pasadena, 1969), ofrece a atormentada viaxe dunha persoa que non renunciou a súa sexualidade. A novela está narrada con precisión, alternado os espazos onde se desenvolveu a controvertida vida de Einar/Lili e os momentos da narración histórica, valéndose de continuos saltos temporais. Seguir lendo A moza danesa, de David Eberschoff

As sombras de Jane Austen

la muerte1Xerardo AgraFoxo. Dende o seu pasamento en Winchester no ano 1817 non deixan de aparecer noticias sobre este “clásico” da literatura inglesa, a muller que deixou nos seus personaxes femininos e na descrición dos seus conflitos amorosos unhas páxinas indelebles. A meirande parte dos acontecementos referidos a ela teñen que ver –normalmente– con certas adaptacións cinematográficas das súas novelas ou con algunhas efemérides vinculadas coa súa infancia e mocidade ao redor da reitoría de Steventon, onde o seu pai foi reverendo. Seguir lendo As sombras de Jane Austen

Canadá, de Richard Ford

PlantALBA.qxdXerardo AgraFoxo. O protagonista e narrador desta obra é Dell Parsons, un mozo de Great Falls, Montana, que con tan só quince anos revela no parágrafo inicial da novela a historia que arrastra consigo: Primeiro contarei o do atraco que cometeron nosos país. E logo o dos asasinatos, que viñeron despois. O atraco é a parte máis importante, xa que puxo a miña irmá e a min nas sendas que acabarían tomando as nosas vidas. Nada tería sentido se non se contase isto antes que nada. Cos pais no cárcere  e a súa irmá Berner desaparecida dos lugares familiares, el , grazas á colaboración de Mildred, unha amiga da nai, consegue atravesar a fronteira e instalarse nun pobo perdido de Canadá. Seguir lendo Canadá, de Richard Ford