Arquivo da categoría: Xerardo AgraFoxo
Hans e Rudolf
Xerardo AgraFoxo. O 28 de decembro de 2006 o Daily Telegraph publicou unha breve nota necrolóxica sobre Alexander Howard Harvey, “cariñosamente coñecido como Hans”. Durante o panexírico pronunciado nunha sinagoga londinense, despois de recitarse o kadish, sóubose que Hans, ademais de formar parte dunha familia alemá que se instalara en Inglaterra, por culpa da persecución nazi, integrara o corpo de voluntarios que localizara a Rudolf Höss, o Kommandant do campo de exterminio de Auschwitz. A revelación desta páxina oculta da biografía deste home, un banqueiro “pícaro e bromista”, que nunca se significara por nada salientable, deixou abraiado o seu sobriño-neto Thomas Harding, Seguir lendo Hans e Rudolf
A galera de Xelmírez, de Xabier Paz
Xerardo AgraFoxo. Tres cousas poden animar a ler esta curiosa obra: a categoría literaria do seu autor, cun ronsel de notables publicacións en diferentes rexistros literarios, a engaiolante portada, tirada do recoñecido Tapiz de Bayeux, aquel que recrea a conquista normanda de Inglaterra, e o argumento ambientado na época de Diego Xelmírez. O prelado contrata na cidade de Pisa tres carpinteiros de ribeira –Fuxón Bonincontro, Stefano Bagnoli e Francesco Nuti– para construíren unha galera que sexa capaz de rexeitar os ataques dos sarracenos –despois dos emprendidos por Al-Mansur bi-Allah– porque “non abondaba co reforzo das Torres do Oeste e as melloras na fortaleza da Lanzada”. Seguir lendo A galera de Xelmírez, de Xabier Paz
Fin de Festa, de Diana Varela Puñal
Xerardo AgraFoxo. Esta pequena alfaia –apenas 70 páxinas– desenvólvese ao redor de tres eixos temáticos: a vida de Susana Arnela, a peripecia duns personaxes “senlleiros” e a vila mariñeira de Xuvino, talvez traslado de Corme, onde transcorre a acción. A curta, pero intensa biografía de Susi Arnela é revelada en catorce entregas, dende que “era a moza máis fermosa da vila” e comeza a “inxerir sustancias” que lle “causan estragos no seu aspecto”, ata que desaparece das paisaxes da súa mocidade e, finalmente, regresa “sen maleta” para participar “como estaba previsto” nunha “fin de festa”. Seguir lendo Fin de Festa, de Diana Varela Puñal
