Xerardo AgraFoxo. O seu pai, Arístides, incapaz de alimentar a súa dona, Eurídice, e os sete nenos que tivera en Varzea Comprida, emigrou cara ao sur para darlle saída a unha vida de labrego que só podía fornecer os rapaces con anacos de mandioca mesturada con restos de café frío. Atopou traballo de estibador no peirao de Santos, o punto de saída de São Paulo cara ao mar, onde emparellou con outra muller, por certo, curmá de Eurídice, coa cal tivo catro fillos. Seguir lendo A viaxe de Lula
Arquivo da categoría: Viaxes
Mitin en Pernambuco
Xerardo AgraFoxo. Cando saía do convento vin como as súas portas estaban ateigadas de xente arrombada nas lousas da rúa húmida e sombriza. Durante un anaco apreciei como acubillaban os seus corpos entre cartóns e plásticos retorcidos. Había homes, mulleres, e algúns cativos que asomaban a cachola entre os febles trebellos. Seguir lendo Mitin en Pernambuco
Chegada a Pernambuco
Xerardo AgraFoxo. Ningún taxista do aeroporto de Recife me quixo achegar ata a pousada onde reservara un cuarto. Non fun quen de comprender as súas reticencias. Un home, mentres axexaba o meu desconcerto, animouse a levarme por un prezo acordado. Así comecei o meu periplo polo Brasil, cun descoñecido que precisaba duns reais para vivir con dignidade. Seguir lendo Chegada a Pernambuco
A Lareira
Oliveira Casal. Vai xa para trinta anos que andamos a rúa de baixos comerciais que comezaba na Praza de España. Deixabámonos levar polos recendos, polos reflexos do sol nos escaparates e polas conversas en calquera idioma recoñecible de entusiasmadas voces anónimas. Tendas de moda cara á colina de Pincio. Eramos mozos. Seguir lendo A Lareira