Agustín Agra. Un día, hai anos, Xavier Queipo agasalloume co debuxo dunha desacougante augamar. Aquela tarde de febreiro na que a súa man esbozou unha medusa, en Compostela chovía os sete choveres. A obra que presentaba no mítico club de jazz Dado Dadá era Dragona, unha novela que dende o primeiro momento me sumiu no desconcerto: e aquel texto era de Queipo? Seguir lendo Dragona
Arquivo da categoría: Agustín Agra
Viaxe dun naturalista arredor do mundo
Agustín Agra. O buque da súa maxestade Beagle, ao mando do capitán Fitz-Roy, zarpou de Davenport o 27 de decembro de 1831 cara a unha viaxe de cinco anos na que daría a volta ao mudo. O obxecto da expedición era completar o estudo das costas de Sudamérica e dalgunhas illas do Pacífico. A bordo, na calidade de naturalista, co obxectivo de colectar exemplares da fauna e flora e facer observacións xeolóxicas, ía Charles R. Darwin.
Cando embarcou, aínda que acabado de diplomar en Cambridge, Darwin era pouco máis ca un rapazolo de 22 anos. Seguir lendo Viaxe dun naturalista arredor do mundo
Gulag
Agustín Agra. Este día, levado pola conxuntura do pasamento de José María Panero, deixeime incendiar coa relectura dos seus versos. No intre de volver a colocar o volume onde estaba, malia coidar que a proximidade coa Pizarnik lle acaía, non puiden evitar preguntarme que facía a carón de Octavio Paz. Seguir lendo Gulag
55
Agustín Agra. O meu talante, lonxe de idolatrías, cae máis ben preto da iconoclastia; porén, non teño mágoa en declararme queipista empedernido…
Hai escritores que son quen de darnos o que os demais non poden, de ofrecernos o que está fóra do alcance doutras plumas por carecer estas da formación precisa, da experiencia vital, ou ben do interese por escribir sobre as temáticas que a nós nos enchen dese xeito tan especial. Pois o conto anda por aí: dende 1990, co iniciático Ártico e outros mares, volvo á obra de Xavier Queipo de forma reiterada e agardo por cada nova achega súa como por auga de maio. Seguir lendo 55