X. Ricardo Losada. Só levo vinte páxinas lidas e xa teño ganas de escribir este artigo. O libro titúlase Helgoland, o nome da illa do Mar do Norte onde Werner Heisenberg descubriu a idea clave que fixo posible a mecánica cuántica e todos os enormes descubrimentos que nos trouxo no século XX e que nos traerá no século XXI. O autor é un vello coñecido meu, Carlo Rovelli, un físico teórico italiano cun enorme prestixio, tanto no ámbito da ciencia como no da divulgación. Non vou facer, por suposto, unha valoración do libro, pero si quero comentar algúns aspectos que xa me fascinaron desde o principio. Seguir lendo Helgoland
Arquivo da categoría: X. Ricardo Losada
Emocionarte
X. Ricardo Losada. Normalmente escribo os meus textos sen un obxectivo definido. Pero hoxe vou facer unha excepción. Intentarei emocionarte, cunha dificultade engadida: que saibas que estou intentando emocionarte. Para iso, antes tes que prometerme que, leas o que leas, gústeche ou non o tema, chegarás ata o final e, deseguido, sen pensalo nin racionalizalo, dirás con total sinceridade se conseguín o meu obxectivo: Seguir lendo Emocionarte
A liña recta da nosa bandeira
X. Ricardo Losada. Cando sexa vella non quero parecer máis nova, dixo a actriz Anna Magnani, quero parecer máis feliz. Recordo esta frase ao ler o terceiro tomo da extraordinaria biografía Castelao. Construtor da nación do, para min, xa fillo adoptivo de Rianxo Miguel Anxo Seixas. Tras rematalo, tiven a impresión de que Castelao non morreu feliz, pero si novo. Moi novo. Non puido morrer feliz porque pasou os últimos anos de vida pobre, practicamente cego e cun cancro de pulmón que fixo del un hospital ambulante. Pero iso non foi o peor. Seguir lendo A liña recta da nosa bandeira
Pido á dor que sexa o meu alimento
X. Ricardo Losada. Os feitos futuros proxectan antes as súas sombras, dicía James Joyce, e eu paso estes días recordando esa frase. Cando leo a prensa e imaxino o horror dos bombardeos. Cando vexo o telexornal e percibo a dor nos rostros de persoas cruzando a fronteira polaca. Seguir lendo Pido á dor que sexa o meu alimento