
Eme Cartea. Este escultor ribeirense chega ao mundo da arte, formal e espiritualmente, da man de Atlántica, movemento que nos anos oitenta sitúa a linguaxe da arte galega na modernidade, sen por iso renunciar á parte idiosincrática de noso, social, cultural, económica e territorialmente. Dende os seus inicios traballa en distintos soportes, dende a madeira á fibra de vidro, entre outros. Pero nos últimos dez anos, tivo a intuición da lousa, e devén o seu material expresivo de referencia. Seguir lendo Débedas e préstamos