Arquivo da categoría: Fotografía

Conversas de escaparate. Posta a punto

esca1Fidel Vidal. -Non vos enganedes. Foron as outras que fixeron un aparte. Disque por presumida. Pero debaixo do sombreiro agocho a vergoña que me trouxo até esta vitrina de luxo. Cansa de tantas bagoas e mágoas pasadas, non vou chorar agora. Calamidades a cotío sementaron as nosas vidas, as propias e das miñas irmás, as xemelgas, por culpa dun pai que non mereciamos. Borracho e lacazán. Intentou desvirgar as tres fillas que nun forzado matrimonio deu parir a nosa non menos culpábel nai. Un dúo pernicioso. Seguir lendo Conversas de escaparate. Posta a punto

Punta das Crechas

BL11C8F1_222428Ramiro Ouviña O. É de noite. As nove do 21 de decembro. Venta como se ouvease a morte, e a chuvia arremuíñase ao noso redor. Os paraventos non son quen de espallala lonxe das nosas facianas. O bambeo do barco move a cortina da derrota, chiscando o seu ollo de luz e escuridade. Saímos do Caribe hai doce días, con rumbo directo ao Canal da Mancha. Seguir lendo Punta das Crechas

Andades á xunta?, de Emilio Araúxo

andar 1Fidel Vidal. Hai uns anos recibín un agasallo fermoso e sorprendente que hoxe, por estrañas circunstancias,  acudiu á miña memoria: o libro de Emilio Araúxo Andades á xunta? (Con Isolina Pumar en Chaiviou e no Poulón), edición non venal, 2010. Unha fotografía a cor e unha cordial dedicatoria completan o inesperado e formidable galano. No retrato, a modo de postal, aparece Manuel Garrido Silva, artesán de caretas, amosando unha de cigarrón con mitra decorada por un ergueito cabalo en branco e vermello sobre un prado verde. Na parte posterior Emilio explica as razóns de tal envío, que non vou dicir, agás a honra e deferencia de me considerar un máis da “nosa aldea”. Seguir lendo Andades á xunta?, de Emilio Araúxo

Chagall

12-21-29-40.46.17_lowFidel Vidal. Marc Chagall, un dos grandes mestres da pintura, foi clasificado por máis dun crítico como “inclasificable”. A arte “é un estado da alma”, dicía Chagall. Cada vez que lle pedían que explicara as súas obras contestaba que el mesmo non as entendía. Unha boa mostra da súa obra gráfica pódese contemplar na Fundación Barrié da Coruña que, por mor da pandemia, vai prorrogarse até o día 26 de xullo. Co título Fábulas e soños, dividímola, seguindo os pasos da técnica empregada, en tres (o catro) apartados: litografías, xilografías e augafortes. A cuarta parte correspondería aos poemas escritos. Seguir lendo Chagall