Moisés Suárez. Durante toda a miña vida aquel retrato formou parte da sobria decoración do noso comedor provinciano. Conviviu coa miña infancia e a miña xuventude naquel piso que compartiamos maiormente miña nai e mais eu. Lola, a irmá pequena, pasaba a maior parte do ano en Asturias naquel internado e a presencia de papá na casa era testemuñal. Seguir lendo As tías de Londres
Arquivo da categoría: Fotografía
Equinoccio
María Xesús Blanco. No interludio a brisa achega sempre olores mesturados, como de piñeiro enxoito e area mollada. Calquera día unha coloración gris e humedecida anegará esta paisaxe. Mais hoxe a alborada volveu abrir despexada. E o serán zumega un verán que se resiste a esvarar no carreiro do fuxidío. Seguir lendo Equinoccio
Os nosos
Moisés Suárez. Rosa está encantada de poder volver andar espida por toda a casa. Sempre lle gustou ese costume. Pero nos últimos seis anos, con papá vivindo con nós non podía facelo. Eu insistía en que non se cortase. Para entón meu pai xa non se decataba de nada e para el ver o corpo espido de Rosa había de ser coma ver un moble ou unha persoa das que saía na televisión e coas que teimaba en entaboar conversa. De feito, cando se decataba da presencia da muller na casa adoitaba preguntar: ¿E esa quen é? Eu dicíalle “é Rosa papá, a miña muller” e el continuaba “Pero, ¿non é túa nai logo?” e remataba “Entón non é dos nosos”. Seguir lendo Os nosos
100 fotografías de Juan Rulfo
Fidel Vidal. Cando unha estudosa e admiradora de Juan Rulfo, Cristina Rivera Garza (autora da extraordinaria e inesquecible novela Ninguén me verá chorar), reivindica un Rulfo menos rural e máis de cidade, o seu Rulfo (Había moita brétema ou fume o non sei que, Random House, Barcelona, 2017) ao comprobar “en varios dos seus escritos o moito que Rulfo padecía e gozaba a Cidade de México, á que chegou como migrante, e como tal creo que o abraiaba e o apesaraba”, pola miña banda teño a ben abrir e repasar o álbum de fotos en branco e negro que o autor mexicano ten publicado. Seguir lendo 100 fotografías de Juan Rulfo