Arquivo da categoría: Fotografía

Aquelas festas do Patrón

PATRONEmilio Castro Fustes. Sorrío ao atopar a imaxe que acompaña este texto, entre as láminas dun vello álbum, sobre o que se derramou inexorablemente o tempo. A instantánea corresponde a un día do Patrón aló polos primeiros anos da década dos 60 do século pasado. Madía leva que perdera nitidez e que moitas desas vidas xa teñan caducado. Seguir lendo Aquelas festas do Patrón

Diane Arbus, a estética do estrafalario

airbusFidel Vidal. Alguén pasa pola rúa e, de súpeto, de forma descarada ou con disimulo, convértese no obxectivo das miradas dos demais. A súa presenza non cadra nos canons cotiáns aos que estamos afeitos. Ou viste como un choqueiro fóra do entroido ou é excesivamente alto ou dá saltos que non veñen ao caso. Seguir lendo Diane Arbus, a estética do estrafalario

Théaomai

Foto: Ana López González
Foto: Ana López González

Xabier L. Marqués. Non parabas de falar (ás veces resultas excesivo) de que os quiasmos teñen moito que ver cos cruceiros de verbas, e de que os cruceiros recrean ánimos paralelos. O río Artes, ao solpor, ten un aquel de ingreso nun universo quizais máxico, paralelo (ti cres que polo feito de que o sol se vai poñer por un horizonte irregular e ficticio ao non estar afeito ao mundo vexetal…).

Seguir lendo Théaomai