Arquivo da categoría: Antonio Piñeiro

Maralla. Pintora singular

A pintora, traballando no seu estudio de Corrubedo FOTo marcos creo
A pintora, traballando no seu estudio de Corrubedo FOTo marcos creo

Antonio Piñeiro. Parabéns, admirada Maralla! Era visto. Tiña que ser. Permíteme -e permítanme tamén vostedes a ocasión- aproveitar a fiestra de La Voz de Galicia, para enxalzar a nova. Barbantia premia a pintora cuxa singularidade non é só a da obra, senón, quizais, a do exemplo que mellor representa a concreción dunha creación artística de raigame xenuinamente barbanzá Seguir lendo Maralla. Pintora singular

Punta seca. Manuel Ayaso

Ayaso emprega a tinta de gravar como coada literaria
Ayaso emprega a tinta de gravar como coada literaria

Antonio Piñeiro. Así, pensándoo coma título, é como puiden comezar a dexergar o que agochaba detrás dos novos setenta gravados cos que o xenial mestre Manuel Ayaso vén de encher outra xerra na gran billa da súa obra. Así: punta seca, que sempre me deu unha das suxestións certas, malia o paradoxal do significado, da lírica do pintar: sésega que deixa no cobre da identidade a punta forxada da arte e da liberdade. Seguir lendo Punta seca. Manuel Ayaso

Abrazo ausente. Lucía Romaní

Letras da Arte. ImaxeAntonio Piñeiro. Cruzo un desierto y su secreta / desolación sin nombre. Ás veces, cando me atopo diante dun cadro, véñenme á cabeza os versos de José Ángel Valente. Quero traer hoxe o comezo deste, tan coñecido, ben adrede polos seus simbolismos, polas súas connotacións, pola súa poderosa forza de suxestión. O poema fala do ser, claro, da andaina da vida. Emprega unha paisaxe. Dá unha imaxe do baleiro. Hai una sorte de silencio destilado na mostra de Lucía Romaní. Unha busca do esencialismo de raíz paisaxística, na que está tamén a busca do ser. “Un pouco de min” ­ -coido que dixo ela-. Seguir lendo Abrazo ausente. Lucía Romaní